Anunciado Primal Carnage: Genesis

Por: Martes, 26 de Marzo de 2013, 20:20 COMENTAR

Se sodes dos que vos gustan os dinosauros estades de noraboa, xa que esta mañá a compañía LukeWarm Media, dirixido por Ashton Andersen ven de anunciar Primal Carnage:Genesis, un título que nos promete camiñar entre estos lagartos xigantes.

O videoxogo será exclusivo de PS4 e estará dividido en varios capítulos, no que predominará a exploración cunha mestura entre mundo lineal e aberto dende unha perspectiva en primeira persoa.

A propia compañía mencionou que pretendía que fose unha aventura inmersiva e que a variedade de dinosauros será bastante ampla.

Agardaremos máis información.