A estas alturas xa non sorprende a fermosura deste xogo realizado polos sempre xeniais Level 5, pero a cada pinga de tráiler que nos amosan quedamos paralizados amando este videoxogo polo preciosismo que nos invade.

Un mundo fantástico, uns seres extraordinarios, uns gráficos que nos fan amar…

Só queda esperar.

A próxima semana teremos Demo de Okamiden

Por: Luns, 14 de Febreiro de 2011, 20:18 COMENTAR

A nova non a escribo para que probedes a súa demostración que sairá o próximo 21 (que ben podedes), se non para recordarvos que esta pequena xoia (eso espero) poderémola xogar completamente o 18 de marzo.

Este título é a continuación do xogo que enamorou a moitos usuarios en Playstation 2 e pouco despois na consola de sobremesa de Nintendo, no cal nos poñían na man dunha deusa reencarnada en loba e que fará uso dun curioso pincel.

Este pincel usarémolo co stylus e con el poderemos crear obxectos,remarcar zonas ou mesmo invocar a seres fantásticos.

Como vedes, volve repetir plantexamento da primeira parte pero sempre con ese preciosismo e argumento fantástico que cautivou a tanta xente.

Xa teño ganas de catar este título.