assassins-creed-black-flag
Despois da filtración de onte do posible póster da vindeira entrega da saga Assassin’s Creed, parece ser que ese mesmo póster tiña máis información da que parecía, pois hoxe mesmo se filtrou a parte traseira do mesmo e contén, nada máis e nada menos, que un mapa das illas do Caribe, localización, como era de agardar pola temática pirata, deste novo videoxogo.

assassins-creed-black-flag-poster-back

Parte traseira do póster co mapa do Caribe