A SupaBoy permíteche xogar cartuchos orixinais da SNES nunha pantalla LCD de 3,5 polgadas. O seu deseño imita ao gamepad orixinal da Super Nintendo, incluíndo a cruceta os botóns frontais e os botóns laterais L e R. Tamén inclúe dous portos dianteiros que son compatíbeis cos mandos normais da SNES, e saída de audio e vídeo. Así até dous xogadores poderán xogar á SupaBoy nunha pantalla de TV.
Características:
- Dous portos frontais de 7 pins para mandos cablados
- Deseño imitando a un mando da SNES
- Tamaño da pantalla (diagonal): 3,5 polgadas (8,89 cm)
- Batería recargábel de ión litio con até 5 h de autonomía
- Adaptador mini USB AC
- Medidas: 8,5 x 4 x 1,5 polgadas (21,59 x 10,16 x 3,81 cm)
- Peso: 11,5 onzas (326 g)
- Son estéreo
- Saída AV
- Saída jack para auriculares
- Control de volume axustábel
- Funda incluída
Comprar | 79,99$ en Hyperkin.com