Se Link tivese a arma de Portal

Por: Mércores, 13 de Xullo de 2011, 12:40 COMENTAR

Que acontecería se Link puidese percorrer Hyrule coa arma do Portal? Pois este vídeo é un exemplo moi claro das accións que fariamos.

Simplemente xenial, sobre todo o truco para derrotar o último monstro do vídeo. Fantástico.

http://www.youtube.com/watch?v=KE3UXdvb56o

Grande espectáculo teatral de Portal

Por: Martes, 31 de Maio de 2011, 16:04 COMENTAR

Uns cartóns e moito enxeño é o que fai falla para realizar un espectáculo que cative a todo o público. E xustamente é o que fixeron este grupo de persoas poñendo como tema de fondo o videoxogo Portal, e imitando o poder da súa arma.

Dende logo mantén ao espectador atento en todo o momento, tanto aos que desfrutaron deste xogo (axiña xogarei á segunda entrega), como aos que non, xa que a forma en que realizan esta “performance” é suficientemente boa e dinámica como para enganchar a calquera.

Botádelle un ollo.

Tetris Portal

Por: Martes, 3 de Maio de 2011, 9:35 COMENTAR

Hai veces que a mestura entre varios videoxogos non mola,non mola nada. E se non me credes fixádevos o que lle pasaría ao Tetris se tivesemos funcións do Portal.

Super Mario+Portal= Super MarioPortaleando

Por: Mércores, 27 de Abril de 2011, 10:36 COMENTAR

Un dos xogos que está de moda é a segunda parte de Portal. Aínda non o puiden probar, pero asegúrovos que nun futuro teredes o respectivo análise por esta páxina, pero dándolle unha volta ao asunto,como sería un Mario coa curiosa arma de Portal?

Como sempre,aquí a resposta.

Sacado de Pixfans