Batman Blackgate

Aínda que moitos de vós xa estaredes pensando en Batman: Arkham Origins (precuela dos xeniais títulos de Batman e que sairá para as consolas de sobremesa) non podemos esquececernos das portábeis que tamén recibirán a súa ración de home morcego baixo un premisa interesante.

Batman: Arkham Origins Blackgate será un videoxogo para PS Vita e 3DS, realizado por Armature e o que vemos á primeira vista parece que será un xogo que recorde aos tan queridos “oldschool”, é dicir, teremos un título nunha perspectiva en 2D na que deberemos avanzar polos escenarios a medida que imos adquirindo novos gadgets que nos permitirá superar os escenarios que se nos presenten.

Voveremos usar a nosa visión especial

Voveremos usar a nosa visión especial

Entre estes gadgets teremos os xa habituais tirolina, xel explosivo, batarang e sen esquecernos da nosa visión morcego, que nos axudará a recoñecer o escenario.

Así, deberemos escalar, saltar, pelexar e incluso empregar o sixilo na medida do posíbel.

Todos sabemos que os “ports” a portábeis case nunca chegan a bo porto, recordemos o Call of Duty, mais personalmente o que vexo gústame, ou estarei sendo traicionado polos recordos?

Comparación de pantallas entre 3DS e PSVita

Por: Martes, 27 de Decembro de 2011, 14:38 COMENTAR

Sigo dicindo que as comparacións son odiosas xa que cada consola ten o seu propio encanto, mais a xente segue querendo ver cal das dúas novas portábeis a ten máis grande e nun afán de solucionar isto aquí temos un vídeo no que se compara perfectamente a calidade entre unha consola e outra.

O resultado creo que non debería sorprender a ninguén, porque se á 3DS non se lle da tan mal reproducir vídeos, a PS Vita é bastante máis superior neste aspecto cunha nitidez e color que sobrepasa sen dúbida á portábel de Nintendo.

Nintendo, desfruta este Nadal tranquilamente,porque dentro dun par de meses o teu rival sae á luz.