Debido ó ataque que sufriu o servizo PlayStation Network durante as datas do Nadal, os xaponeses decidiron “compensar” cuns cantos agasallos ós xogadores afectados.
Estes agasallos dependerán das datas nas que os afectados tiveran unha conta PSN activa.
No caso de que o propio 25 de Decembro o usuario tivera unha conta activa de PS Plus ou unha proba de PS Plus, recibirá unha extensión de 5 días do servizo. A maiores do anterior, Sony agasallará cun desconto do 10% a todos os usuarios de PSN para unha merca na súa plataforma