2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.

sony-playstation-now
Tal como anunciou Andrew House durante a presentación de Sony na feira de electrónica de consumo CES que se está a celebrar en Las Vegas, o novo servizo PlayStation Now permitirá desfrutar dos títulos da PlayStation 3 e PlayStation 2 en numerosos dispositivos de Sony, como smatrphones e tablets Sony Xperia, SmartTV’s Sony Bravia, PS Vita e PlayStation 4 e, en certos casos, nalgúns dispositivos con conexión a Internet doutras marcas.

O lanzamento está previsto para o vindeiro verán, pero este mesmo xaneiro lanzarán unha versión de proba. Polo de agora, só estará dispoñible nos Estados Unidos e non hai data de lanzamento prevista en Europa.

Segundo o anuncio, este novo servizo permitiranos, por exemplo, pausar o xogo nun dispositivo no salón para seguir xogando noutro na nosa habitación.

Polo de agora non se coñecen nin as tarifas que terá o servizo, nin como se controlará o xogo nestes novos dispositivos.

ps4-xboxone
Tal como comentou nunha entrevista James Armstrong, conselleiro delegado de PlayStation en España e Portugal, a nova PlayStation 4 gáñalle a partida á súa consola rival Xbox One por 3,5 a 1 en vendas no mercado español, a pesar de levar 7 días menos no mercado.

Dende o seu lanzamento o pasado 29 de novembro, lévanse vendidas 80.000 unidades de PlayStation 4 en España. Se os datos son certos (haberá que ver que ten que dicir Microsoft…), un simple cálculo dinos que a Xbox One leva unhas 23.000 unidades vendidas.

Pero Armstrong tamén confirmou que seguen a traballar duro para cumprir coa demanda inical, pois entre 12.000 e 15.000 prevendas aínda non puideron ser cubertas.

call-of-duty-ghosts
Tal e como confirmou Mark Rubin (@IWMarkRubin), produtor executivo de Infinity Ward, a versión para a Xbox One terá unha resolución nativa inferior á súa principal competidora, a PlayStation 4, que ofrecerá unha resolución FullHD de 1920 x 1080 píxels.

Se ben na consola de Microsoft tamén pode ofrecer esa resolución, pero segundo comentou o propio Mark, sería mediante un reescalado dende os 1280 x 720 píxels nativos cos que funcionará na Xbox One. En ámbalas dúas videoconsolas funcionarán a 60 FPS.

Esta nova chega pouco despois de que se confirmara que no principal rival deste xogo, o Battlefield 4 tamén terá unha resolución inferior na consola de Microsoft (1600 x 900 na PlayStation 4 fronte aos 1280 x 720 da Xbox One).

Mala publicidade ésta para a xa pouco popular Xbox One

ps4 accesoriosSegundo o analista Michael Pachter de Wedbush Morgan a nova videoconsola de Sony acadou o millón e medio de reservas e é moi posible que teñan problemas de suministro.

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft ven de publicar o anuncio que emitirán nas televisións norteamericanas para promocionar a nova entrega da saga: «Assassin’s Creed IV: Black Flag».

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de novembro para as videoconsolas actuais, mentres que as videoconsolas de nova xeración e PC terán que agardar ao 22 de novembro.

ps4 dual
Como case todas as consolas no momento do seu lanzamento, cada nova videoconsola PlayStation 4 suporá unha pequena perda de diñeiro para a compañía Sony.

Segundo comentou o seu directivo, Masayasu Ito, bastaralles con vender unha subscrición PS Plus e un videoxogo de lanzamento para volver a ter beneficios, así que parece que as perdas serán mínimas.

Como xa comentara Andrew House en agosto: “A PlayStation 4 non xerará as perdas da súa predecesora, a PlayStation 3”.

No momento do seu lanzamento, cada unidade da PlayStation 3 creaba unha perda de entre 240 e 300 dólares, dependendo do modelo. Segundo as cifras oficiais, ese lanzamento supuxo para Sony unhas perdas duns 3.500 millóns de dólares nos anos 2007 e 2008.

Coa lección ben aprendida, desta vez a compañía nipona non quixo repetir os erros do pasado e axustou mellor os custos de produción de cada unidade da súa nova PlayStation 4.

Novo tráiler de «DriveClub»

Por: Sábado, 7 de Setembro de 2013, 12:00 COMENTAR

driveclub
Evolution Studios publicou un novo vídeo do simulador de conducción DriveClub. Será un dos primeiros títulos en ser engadidos ao “PlayStation Plus Instant Game Collection”, polo que será gratuíto para todos os subscritores de PS Plus.

Este título estará dispoñible a data de lanzamento da PlayStation 4, o vindeiro 29 de novembro, lembrade.

PlayStation 4 só soportará ata 4 mandos

Por: Xoves, 5 de Setembro de 2013, 13:00 COMENTAR

dualshock4
Se onte coñeciamos que a Xbox One soportará ata 8 mandos, hoxe fíxose público o número que soportará a nova videoconsola de Sony.

Segundo confirmou Shuhei Yoshida (@yosp), a nova PlayStation 4 soportará ata 4 mandos ao mesmo tempo, tres menos que a súa predecesora, a PlayStation 3.

A pesares de que Yoshida non entrou en detalles sobre esta redución, o escaso número de xogos que teñen soporte para esa cantidade de mandos pode ser un dos principais motivos.

Watch-Dogs-connected
Ubisoft publicou un novo vídeo de case 15 minutos de duración con imaxes do «Watch Dogs»

O lanzamento está previsto para o vindeiro 22 de novembro, para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Wii U, Xbox 360 e Xbox One.

Xa hai data de lanzamento da Xbox One

Por: Mércores, 4 de Setembro de 2013, 20:30 COMENTAR

xbox one disco duroHoxe mesmo, Microsoft publicou unha nota de prensa anunciando a data de lanzamento da Xbox One.

A nova videoconsola sairá ao mercado o vindeiro 22 de novembro nestes 13 mercados: Australia, Austria, Brasil, Canadá, Francia, Alemaña, Irlanda, Italia, México, España, Reino Unido, Estados Unidos e Nova Zelandia.

Así, a Xbox One sairá unha semana despois da PlayStation 4 nos Estados Unidos, mentres que en Europa, sairá unha semana antes que a nova videoconsola de Sony.

Esta data non é casual, pois coincide coa do lanzamento da súa videoconsola actual, a Xbox 360, que foi lanzada o 22 de novembro de 2005.

“Estamos abrumados e encantados co tremendo interese que espertou a Xbox One nos nosos fans. Esgotamos todo o stock de videoconsolas coas reservas moito máis rápido que con calquer outra das nosas videoconsolas. Agardamos celebralo cos millóns e millóns de xogadores este Nadal.”

“Como resultado desta incrible demanda e progreso dos desenvolvedores, estou emocionado de compartir hoxe que estamos a engadir un número limitado de videoconsolas para as reservas. Coordinámonos cos nosos distribuidores para facer máis sinxelas as reservas da Xbox One.”

killzone-shadow-fall
Segundo comentou a compañía Guerrilla Games, creadora do videoxogo, os mapas multixogador de descarga que publiquen despois do lanzamento de «Killzone: Shadow Fall» serán totalmente gratuítos, para evitar a escisión da masa de xogadores.

Hoxe en día, cos famosos “Pases de tempada e “Paquetes Premium”, tan típicos na maioría dos shooters punteiros, e por estraño que pareza, aínda hai compañías que teñen estes detalles cos seus clientes.

Haberá, iso si, algúns DLC’s de pagamento, que incluirán paquetes de expansión e de personalización, se ben non deron máis detalles dos mesmos.

O lanzamento está previsto para a mesma data de lanzamento da PlayStation 4, o vindeiro 29 de novembro en Europa.