destiny
Xa pasaron máis de tres semanas da súa presentación no E3 e agora Bungie publica o vídeo con máis calidade que os vistos ata agora, que eran gravacións en directo. No novo vídeo podemos apreciar con aínda maior detalle a calidade gráfica que terá o novo título dos creadores da saga Halo.

Na que os seus creadores denominan a “Bungie Week”, prometen amosar novidades deste xogo:

“Cada ano, no sétimo día do sétimo mes, tomámonos un momento para agradecer aos membros da nosa comunidade a súa pasión e entusiasmo polos nosos xogos. Publicaremos novidades de Destiny durante toda a semana e estades convidados á festa.”

Está previsto o seu lanzamento para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One a comezos de 2014.

ps3superslim
Segundo o presidente de Sony en Xapón, Hiroshi Kawano, non hai plans para dar inmediatamente da PS3 á PS4 e que será un proceso gradual.

“Xa pasaron 7 anos dende o lanzamento da PS3 e a consola segue vendéndose a un ritmo constante. Ademáis temos moitos xogos en camiño. Non temos intención de dar un salto inmediato da PS3 á PS4.”

O servizo na nube de Sony permitirá aos usuarios xogar aos títulos da PS3 na PS4 comezará a funcionar en 2014 e, segundo Kawano, dará como resultado que “algunha xente cambiará da PS3 á PS4. Este cambio non será forzado, será un proceso gradual.”

ps3
Despois dos problemas xerados a pasada semana pola versión 4.45 e que provocaron a súa retirada da PlayStation Network, Sony ven de publicar a nova versión do firmware 4.46, coa que promete arranxar os erros da versión anterior. O principal problema que atoparon moitos usuarios era que desaparecía o menú XMB (XrossMediaBar).

Unha das principais novidades que incluía a versión “problemática” era a posibilidade de desactivar a notificación dos trofeos así como unha mellora xeral do rendemento.

Os usuarios afectados terán que descargar o novo firmware nun ordenador, copialo a unha memoria USB (nas videoconsolas que o soporten, tamén valerá unha tarxeta de memoria SD, Memory Stick™ ou CompactFlash®.), iniciar a consola en “modo seguro” e actualizar manualmente. Tedes o manual paso a paso nesta páxina.

Para os que non se vos da moi ben o inglés, aquí tedes unha tradución ao galego do proceso a seguir:

PASO 1: Descargar a actualización

Precisarás dunha memoria USB con polo menos 168 MB de espazo libre. Se a túa videoconsola é un dos modelos das series CECHA00 / CECHB00, tamén podes empregar un Memory Stick™, tarxeta de memoria SD ou unha CompactFlash®.

  1. Crea un cartafol chamado “PS3” no dispositivo de almacenamento.
  2. Dentro dese cartafol “PS3”, crea outro chamado “UPDATE”.
  3. Empregando un ordenador, descarga o arquivo da actualización 4.46.
  4. Garda o arquivo no cartafol “UPDATE” do dispositivo de almacenamento.
  5. NOTA: Se o arquivo non se garda correctamente, a túa PS3 non recoñecerá a actualización. O cartafol debe estar en MAIÚSCULAS.

PASO 2: Iniciar en Modo Seguro

  1. Coa PS3 apagada (o LED debe estar en vermello), mantén pulsado o botón para prender a consola. Escoitarás un “beep” indicando que a consola está iniciándose.
  2. Mantén pulsado o botón e despois dun 5 segundos escoitarás un segundo “beep”.
  3. Segue mantendo pulsado o botón e despois doutros 5 segundos escoitarás un terceiro “beep” e a consola apagarase (o LED volverá a ser vermello).
  4. Solta o botón de acendido.
  5. Volve premer o botón e mantén pulsado. Escoitarás de novo un primeiro “beep” cando a consola se inicie.
  6. Mantén pulsado e despois duns 5 segundos escoitarás de novo o segundo “beep” para reiniciar o vídeo.
  7. Mantén pulsado e despois doutros 5 segundos escoitarás dous “beeps” seguidos. Neste punto, solta o botón de acendido.
  8. Se activaches correctamente o Modo Seguro, verás na pantalla unha mensaxe similar a ésta: “Conecta un mando utilizando un cable USB e preme o botón PS”.
  9. Conecta un mando á PS3 cun cable USB.
  10. NOTA: Se non puideches activar o Modo Seguro correctamente, pode que a túa videoconsola precise de reparación. Por favor, contacta co servicio técnico.

PASO 3: Actualización manual do Firmware da PS3

  1. Conecta o dispositivo de almacenamento á PS3.
  2. Escolle “[6 – System Update]” e preme o botón “X”.
  3. NOTA: Ten en conta que se escolles calquera das opcións anteriores, poderánse eliminar os datos e configuracion da consola. Asegúrate de escoller só a “opción 6”.

  4. Preme “Start e “Select” ao mesmo tempo.
  5. A PS3 reiniciarase e recoñecerá o arquivo de actualización no dispositivo de almacenamento.
  6. Preme “Dereita” no D-Pad para moverte pola descrición da actualización e o acordo de usuario.
  7. Preme “X” para confirmar a actualización.
  8. A videoconsola instalará a nova actualización e reiniciarase cando remate o proceso.
  9. Se non eres capaz de instalar o firmware ou tiveches algún problema durante a instalación, proba a seguir os pasos de novo. Se aínda así segues tendo problemas, ponte en contacto co servizo técnico de Sony.

Os 10 mellores xogos da PS3

Por: Xoves, 21 de Xuño de 2012, 14:32 5 COMENTARIOS

Agora tócalle o momento á Playstation 3, polo tanto realizarei o top 10 dos mellores xogos da consola de Sony.

Como fixen anteriormente coa consola de Microsoft, intenterei mencionar aquí os dez mellores títulos do catálogo de PS3. Como sempre xa sabedes, todo opinións persoais, para gustos cores, e bla bla.

O problema recae en que moitos dos videoxogos desta xeración son multiplataforma polo que tamén se poden atopar en varias consolas, de todos os xeitos pretenderei comentar algunas das exclusividades.

Ler o resto da entrada »