plants-vs-zombies-garden-warfare
A nova entrega de «Plants vs. Zombies», denominado «Garden Warfare», xa está dispoñible para reservar a través de Origin, así como noutras tendas online.

Para anunciar a apertura das reservas, Electronic Arts ven de publicar este novo tráiler do xogo:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 27 de febreiro para Xbox 360 (29,95 €) e Xbox One (39,95 €), mentres que a versión para PC (34,95 €) está prevista para a vindeira primavera.

plants-vs-zombies-2
Segundo anunciou a compañía PopCap, o seu novo videoxogos «Plants vs. Zombies 2» xa superou as descargas totais do seu predecesor, superando os 25 millóns de descargas. Todo un éxito, se temos en conta que chegou ao mercado o pasado 15 de agosto.

Pero este logro tamén ten o seu truco: o novo «Plants vs. Zombies 2» adoptou o modelo free-to-play, tan de moda últimamente, mentres que o orixinal había que pagar pola descarga da aplicación.

ea-gamescom-2013
As principais novidades que Electronic Arts presentou na conferencia de onte na GamesCom 2013:

«FIFA 14»

Ademáis do xa visto na conferencia de Microsoft, anunciaron o lanzamento dunha versión de proba o vindeiro 10 de setembro e presentaron este novo tráiler:

«Command & Conquer»

Escoitando as demandas dos usuarios, EA e Victory Games anunciaron o lanzamento de novas misións para este novo lanzamento da saga, que poderemos xogar pola nosa conta ou de modo cooperativo cun amigo.

«The Sims 4»

O máis coñecido simulador social terá a súa cuarta entrega en 2014 e incluirá novas emocións e interaccións sociais, ferramentas para construir a casa dos nosos soños e obxectos cos que decoralas, tal como se pode ver no segundo tráiler.

«Dragon Age Inquisition»

Neste novo tráiler, os creadores da compañía Bioware fálannos do proceso de creación do novo universo que poderemos ver en «Dragon Age Inquisition» e as posibilidades de xogo que nos ofrecerá.

«Battlefield 4»

DICE presentou o novo modo de xogo “Obliteration” no tamén novo mapa “Paracel Storm”, modo no que poderán xogar ata 64 usuarios en dous equipos.

Tamén presentaron o «Battlefield 4 Premium» que permitirá o acceso aos 5 packs de expansión antes do seu lanzamento, previsto para o verán de 2014.

«Need for Speed Rivals»

Nun novo tráiler do Need for Speed Rivals amosaron o novo modo Undercover, onde nos infiltraremos nas carreiras ilegais para deter aos seus corredores sen ser detectado.

«Titanfall»

Novo vídeo do modo multixogador Attrition no mapa Angel City deste título co que a compañía Respawn Entertainment debuta na industria por todo o alto.

«Plants vs. Zombies Garden Warfare»

A maiores do presentado na conferencia de Microsoft, na conferencia de Electronic Arts presentaron o novo “Boss Mode” (Modo Xefe), exclusivo para Xbox One e SmartGlass, no que, a través dun dispositivo compatible con esta tecnoloxía, os xogadores poderán ver mapas tácticos do escenario, mentres controlan as unidades nunha vista en terceira persoa.


Se queredes ver de novo a conferencia completa, aquí a tedes:

Rapeando co “Plants vs Zombies”

Por: Venres, 23 de Setembro de 2011, 13:37 COMENTAR

Entón, que é o que se necesita para vivir ben? Saúde? Si, ben. Cartos? Vaia, se cadra (relativicemos isto). Mais o que nunca, nunca debe faltar é o bo humor. A desenvolvedora do fantástico videoxogo Plantas vs Zombies, Popcap, sábeo perfectamente.

Deste xeito mostran unha versión do seu xogo máis famoso a cantando un rap.

A propósito, moi boa letra, moi boa letra…