zombiu
Despois dos malos resultados económicos colleitados pola exclusiva de Wii U, «ZombiU», non entra dentro dos plans da compañía crear unha nova entrega.

O mal rendemento do xogo na videoconsola da Nintendo tamén foi un dos factores que levou a cambiar o Rayman Legends dunha exclusiva a multiplataforma.

Yves Guillemot, CEO da compañía dixo recentemente:

“Debemos atopar a maneira de asegurar que a creatividade deses xogos poida chegar á maior audiencia posible.

“Agardamos que despegue. Polo momento, nós dixemos ‘imos facer ata o Nadal e ver onde estamos entón.'”

Pola súa banda, o CEO de Electronic Arts, Peter Moore tamén explicou os motivos do pouco soporte da súa compañía á Wii U.

“Estabamos con eles no seu lanzamento con catro xogos. Fou unha decepción cando ves as cifras de vendas e, como compañía, temos que ser moi prudentes onde investimos os nosos recursos.

“A falta de compromiso co online na Wii U é preocupante. É tan esencial para o que facemos e son tan poucos que non paga a pena facer funcionar os servidores. Parece unha caixa que non está en sincronía co futuro de EA, que é o que da a sensación de relación social aos nosos xogos. A Wii U parece máis unha experiencia offline agora mesmo.”

Corren malos tempos para a videoconsola de Nintendo, que parece que entrou nin círculo de autodestrución: non consegue vender consolas porque os creadores apenas fan xogos para ela e os creadores non fan xogos porque apenas se venden consolas. O peixe que se morde a cola, que se soe dicir…

Peter-Moore-EA-Battlefield-Conferencia-E3-teamplayers.jpg-600x369

Peter Moore, director de operacións de Electronic Arts, ven facer unhas declaracións á revista Polygon que contradín o argumentario de Microsoft de escudarse nas third parties para xustificar o seu ataque á liberdade dos usuarios. Lembremos que, precisamente, a implicación de EA de xeito moi especial no desenrolo de xogos para Xbox One foi un dos eixos centrais da conferencia de presentación da nova máquina de Microsoft.

Moore, sen embargo, sitúa o mercado da segunda man moi lonxe das preocupacións da súa compañía; “Como son o tipo que dirixe as operacións de electronic Arts, pódovos dicir que EA non será agresiva cos titulares das plataformas nin para poñer unha porta que permita ou non os xogos usados. Son un defensor dos xogos usados. Encántame o seu ecosistema”.

Tendo en conta que EA ven de eliminar os pases on line, parece que o xigante da industria quere cambiar a súa imaxe tras dous anos sendo escollida como “peor compañía de América”. Será Microsoft a sucesora en tan dubidoso honor?.

Peter Moore

Peter Moore

Peter Moore, o directivo da famosa compañía Electronic Arts fixo unhas declaracións moi concisas e dirixido a todos aqueles que pensan que as consolas están no tramo final da súa desaparición.

As videoconsolas segue sendo unha parte esencial do noso negocio; de feito, supoñen a maior parte de noso negocio. Por iso, aínda é demasiado prematuro falar da muerte dos xogos en consola.

Temos a miles de persoas centradas en desenvolver xogos para Xbox 360 e PlayStation 3, e outras tantas en crear títulos para a próxima xeración. Porque a xente aínda quere xogos tradicionais, buscan sentarse no seu salón, sacarlle partido ás súas televisións en alta definición e disfrutar de xogos tan inmersivos como Battlefield 4.

Pola miña parte son destes últimos aos que Peter Moore chama tradicionais, mais teño moito medo que o online acabe fagocitando todo o físico, e isto está acontecendo a pasos xigantes.