Hai que entendelos…
Vía | Gamers de Culto
Estamos nunhas tardes na que as novidades relevantes neste ámbito é bastante limitado e non se me ocorre outra cousa que presentarvos un novo personaxe dun xogo que non me chama absolutamente nada a atención.
Sei que Twisted Metal é un xogo que está conseguindo bastantes seguidores e aínda non sei por que, porque nin o seu apartado gráfico, nin os seus movementos, nin o seu desenvolvemento parecen que estean á altura de algo grande, pero o único que ten de bo este videoxogo é a tolería que emana dende sempre, e supoño que será neste apartado onde se agarran os creadores.
Agora vólvennos sorprender cun personaxe que pilota unha moto e armado cunha motoserra que a lanza para destruír adversarios.
Honestamente, téñense que esmerar máis, porque a min ségueme sen convencer absolutamente nada.
http://www.youtube.com/watch?v=jtLtj1ZWySs&feature=player_embedded
Mira que Soul Calibur non ten personaxes irreverentes nin extravagantes, pois Namco Bandai ven de presentarnos o seu novo fichaxe, un tal Dampierre que fará alarde da súa tolería dando golpes nesta quinta entrega.
Compensará Dampierre a incorporación de Ezio?, esperemos que si, porque sempre se agradece que en títulos deste tipo (personalmente a mellor saga de loita do mundo, con permiso do Smash Bros da N64) poña á nosa disposición este tipo de personaxes.
Haberá que esperar un pouco para ver como funciona.
(Vía: Insanelygaming)
Outro dos xogos que chamou atención da xa pasada feira E3 2011 foi a nova entrega de Super Smash Bros. A verdade é que non se escoitara falar nada desta cuarta entrega até a propia feira, algo que chama realmente a atención, pero despois de deixar pasar uns días e repousar o ambiente, podemos contar un par de cousas sobre este título de loitas.
O primeiro que fixo Masahiro Sakurai, máximo responsábel do videoxogo foi facer unha clara diferenza entre a versión de 3DS e de Wii U.
Con respecto á 3DS pretenden que sexa unha experiencia máis centrada no modo historia para un xogador, coa posibilidade de editar e adestrar ao noso personaxe. Ademais, coas opcións sociais da máquina poderiamos ter os nosos logros sempre á nosa man.
Pero falando de Wii U a estratexia é diferente, xa que mencionaron que pretenden crear unha experiencia máis social, dado que esta consola permite que se enfronten máis xogadores simultaneamente. Por suposto, adornado dun apartado técnico moi superior.
Pero o que máis chamou atención destas declaracións foi que cando lle preguntaron cales serían os novos personaxes e se incluirían algún de Capcom, mencionaron que estaban pensando no tema e que non descartaban nada.
Significa isto que poderemos ver a Mega Man no próximo Smas Bros disparando a súa arma?
Hai anos os videoxogos só tiñan un obxectivo que primaba ante calquera outro, e non era outro que divertir.
Hoxe o conto cambiou moitísimo e con cada videoxogo búscase máis unha sensación cinematográfica,é dicir, desfrutar tanto do visual e da historia como da propia diversión. Relativamente isto está ben, pero como conseguir enganchar ao usuario nun título?, e se non o consegue mereceu a pena sacrificar o único obxectivo de divertir por unha historia nada orixinal?
Máis ou menos isto pode ser unha introdución do tema que vou tocar hoxe, porque unha historia boa engancha, e para que enganche un dos factores imprescindíbeis é buscar un protagonista carismático que encha a alma do xogador.