Este é outro dos títulos que espero con grande ansia. Por que? Máis que nada pola súa perfecta mestura entre aventura e beat’em up (tendo en conta que continúe cos pasos do seu predecesor, é claro). Vendo o seguinte vídeo confírmase o esperado, polo menos no tema das loitas.
Como saberedes, nesta segunda entrega non controlamos a “Guerra”, controlamos a “Morte”, pero repartirá igual de ben que o anterior. Así, podemos observar como emprega diversas técnicas e armas para facer desaparecer todos os inimigos que aparecen en pantalla.
Joe Madureira repite como director creativo (parece que ten bastante repercusión no mundo dos cómics). De feito non me desagradou en absoluto a estética do anterior título.
Polo de agora non temos data de saída, pero moito me temo que deberemos esperar até 2012 para volver encarnar un dos Xinetes da Apocalipse.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=h4DWL7fS_zg