A empresa PDP mostrou no CES 2015 o seu mando para a nova entrega da saga de loita, que será o oficial para Mortal Kombat X.
Este mando, que podedes ver na imaxe, ten como principal novidade o feito de non ter control analóxico, pero ó mesmo tempo dispor de 6 botóns, que de seguro que axudan a facer as combinacións nos xogos do xénero.
É de destacar que o control poderá usarse nas consolas por pares dependendo do fabricante, elexindo a que estaremos a usar cunha palanca na parte inferior para seleccionar Xbox One ou Xbox 360 e PS3 ou PS4.