diablo3A compañía Blizzard acaba de anunciar que esta mesma fin de semana, durante a celebración en Boston do Pax East, amosará ao público como será a versión para PlayStation 3 do seu popular videoxogo Diablo III, que na súa versión para PC leva vendidas máis de 12 millóns de copias.

might-and-magic-xPolo que se pode ver nunha imaxe na páxina oficial do videoxogo, todo parece indicar que a compañía Ubisoft podería anunciar o Might and Magic X a vindeira fin de semana durante a celebración do PAX East, en Boston.

Esta popular saga de rol, de moito éxito a comezos dos anos 90, chegaría así á súa décima entrega, despois de algo máis de dez anos sen novidades dende que en 2002 saíra á venda o Might and Magic IX (Writ of Fate).