warcraft
Fai uns días coñeciamos un novo atraso de tres meses no lanzamento do filme.

Desta vez, parece que chegan boas novas e vanse confirmando os actores que participarán no filme. Entre os nomes que Universal Pictures ven de confirmar atopamos coñecidos actores como Ben Foster, Travis Fimmel, Paula Patton, Toby Kebbell e Rob Kazinsky.

Ben Foster interpretou o papel de Russel Corwin na serie “Six Feet Under”. Tamén apareceu en filmes como “X-Men: A decisión final” ou “30 días de escuridade”, entre outras.

Travis Fimmel é coñecido por interpretar a Ragnar Lothbrok na serie “Vikings” (2013).

Paula Patton apareceu recentemente no filme “2 Guns” (2013) e “Misión Imposible: Protocolo Pantasma” (2011).

Toby Kebbell apareceu no filme “Ira de titáns” (2012) e “Prince of Persia: As areas do tempo” (2010).

Pola súa banda Rob Kazinsky interpretou recentemente a Macklyn Warlow na sexta tempada da serie “True Blood” (2008) e a Chuck Hansen no filme “Pacific Rim” (2013).

Ademáis destes nomes xa confirmados, tamén están a negociar con outros actores como Dominic Cooper, protagonista no filme “Capitán América” (2011) e que tamén aparecerá na adaptación cinematográfica do «Need for Speed» (2014).

Se non hai máis aprazamentos, está previsto que o filme chegue ás salas de cine o vindeiro 11 de marzo de 2016.