Nintendo 3DS
O ex-empregado de Sony, Seijiro Tomita demandou o mes pasado á compañía nipona Nintendo por infrinxir a súa patente da tecnoloxía 3D sen gafas que empregan na súa videoconsola portátil, a 3DS.

Segundo o seu avogado, Tomita amosou en 2003 un prototipo da tecnoloxía a 7 empregados de Nintendo e algún deles participou no deseño da 3DS.

Un xurado federal de New York acaba de declarar culpable a Nintendo de infrinxir a patente de Tomita e obriga á compañía a pagar algo máis de 30 millóns de dólares a Tomita polo danos causados.