O verdadeiro Paper Mario

Por: Venres, 8 de Xullo de 2011, 11:13 COMENTAR

Sempre dixen que os fans dalgunhas das personaxes máis emblemáticas dos videoxogos realizan proxectos tan bos (ou mellores) como as propias compañías.

Desta volta podedes ver o verdadeiro Paper Mario, e digo verdadeiro porque todo o que se mostra no vídeo está realizado con papel e, por riba, con moitísimo humor, algo que é de agradecer.

A realización é moi boa e as historias que contan faranvos sacar como mínimo un sorriso. Entón dádelle unha oportunidade, e se vos apatece ver máis vídeos do autor ide á web do Eric Power.

Vídeo gameplay de Paper Mario 3D

Por: Luns, 10 de Xaneiro de 2011, 12:02 COMENTAR

Esta semana foi característica pola cantidade de tráiles da 3DS que sacaron á rede. Como moitos xa era vistos, vóuvos poñer este de Paper Mario que foi un dos que máis me chamaron a atención.

Gráficamente parece estar a unha altura bastante alta e polo pouco que se veu intúese gran cantidades de escenarios e situacións.

Ademais, penso que a 3DS é a consola máis idónea para este título, porque se en anteriores Paper Mario había que xogar cos dous planos e a profundidade, imaxinádevos o que pode chegar a ser xogar coas 3D reais.

Haberá que telo moi en conta.