fm5
Microsoft ven de publicar un novo vídeo, ao máis puro estilo modo “Autovista” do Forza Motorsport 4, do «Forza Motorsport 5», no que o coñecido presentador do programa Top Gear, Jeremy Clarkson (@JeremyClarkson) nos fala das súas impresións de dous dos novos superdeportivos que incluirá o xogo: o Pagani Huayra e o McLaren P1.

O «Forza Motorsport 5» será exclusivo para Xbox One e chegará ao mercado na data de lanzamento da videoconsola, o 22 de novembro. Os xogadores que reservaran a videoconsola, obterán, totalmente de balde, unha copia do Forza 5 ou do FIFA 14, segundo prefiran.

fm5
Microsoft publicou un novo vídeo do popular simulador de condución Forza Motorsport 5 onde podemos ver unha volta ao sinuoso trazado dos Alpes Berneses no superdeportivo Pagani Huayra.

“O circuíto dos Alpes Berneses debutou en Forza Motorsport 4 e foi reconstruído completamente para a Xbox One, presentando o novo motor gráfico traballando a 1080p e 60 imaxes por segundo.”

Estará dispoñible de balde o vindeiro 22 de novembro, día de lanzamento da Xbox One. Os usuarios que reserven a videoconsola, poderán escoller entre unha copia gratuíta do Forza 5 ou do FIFA 14.