batman-arkham-origins

Como saberedes, a próxima aventura do cabaleiro escuro está en camiño, mais despois da calidade e do éxito das dúas entregas anteriores os fans non están moi convencidos deste Origins, por que? pois porque Rocksteady xa non estará detrás do xogo, e son Warner Bros Game Montreal os encargados de que Batman volva por todo o alto.

Polo de momento o que vemos nos vídeos non desgusta, mais esa incerteza segue patente nos xogadores, polo que Eric Holmes, directivo do propio estudo tivo que saír a facer unhas declaracións ao respecto:

A xente ten todo o dereito a ser cínica, pero que veñan e proben o xogo nun dos eventos a onde o levamos. Penso que tan pronto como teñan o mando na man verán que é un xogo auténtico e que emprega as mesmas mecánicas que os xogos previos da saga Arkham.

Pero despois disto continuou falando até chegar ao punto que queremos, asegurando que o título terá unha historia que enganchará e gustará a todos, sobre todo aos que sen fans do superheroe:

Ademais creo que sobre todo temos unha gran historia. Non podo contar moito sobre ela, pero o que si podo asegurar é que estou moi emocionado con ela. É unha historia moi importante no mundo de Batman e os fans, estou seguro, van desfrutar dela moito máis que calquera outra persoa.

Agora só toca agardar ao 25 de outubro a que chegue ás tendas para confirmar que isto sexa certo, e para que vaiades abrindo o apetito, déxovos o tráiler do xogo:

Por se nunca escoitastes falar do God of War: Origins non vos emocionedes, non é un novo capítulo desta excelente saga. Trátase apenas dun recompilatorio HD de Chain of Olympus e Ghost of Sparta (os dous xogos saídos na PSP) para a Playstation 3.

Esta recompilación chegará ás tendas xaponesas no 6 de outubro. Aquí haberá que esperar até setembro para que os usuarios da PS3 sen PSP poidan experimentar estes dous videoxogos.

Só dicir que todos os usuarios da PSP deberían ter xogado a estes dous xogos, son do melloriño no seu catálogo. E aínda que na PS3 continuarán a ser grandes títulos, teño que esperar e ver a que prezo saen, porque non deixan de ser remasterizacións de títulos relativamente actuais.

Ah, a propósito, non se estará a encher o catálogo da PS3 de demasiadas recompilacións e remasterizacións?