theme-hospital-debalde

Se es usuaria de Origin, a tenda online de EA, podes baixar o Theme Hospital totalmente de balde. Como? Non coñeces o xogo? Pois é un clásico! É un xogo de simulación e estratexia que saíu en 1997, no cal tes que administrar un hospital, mais dunha perpectiva humorística moi divertida. Se non o probaches no seu día, ou queres rememorar vellos tempos, non perdas a oportunidade. It’s free!

Ligazón | https://www.origin.com/es-es/store/buy/193383/pc-download/base-game/standard-edition

dragonagesims

Origin tráenos dous DLC de balde:

• O primeiro deles é a expansión multixogador Destrución (ver ficha do DLC na Origin) para o Dragon Age Inquisition (ver ficha do xogo na Origin). Só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

• O segundo deles é o pack Felices Festas (ver ficha do DLC na Origin) para Os Sims 4 (ver ficha do xogo na Origin). De novo, só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

O método para conseguir estes dous DLC é engadilos ao carriño e finalizar a compra, non se requiren datos do banco nin nada. Unha vez feito, xa nos quedan reclamados, pero non poderemos descargalos até termos instalado o xogo requirido (quedan gardados na nosa conta para cando nos fagamos con el, non vos preocupedes).

930.0x524.0

Origin, o cliente de xogos para PC de EA, ofrécenos o Simcity 2000 Special Edition gratis (ficha na web de Origin) dentro da promoción On the house (Convida a casa). O xogo está en inglés e é compatíbel con Windows 7  mediante emulación de DosBox e DOS/4GW (o cliente Origin xa fai o traballo, non te preocupes con isto). Como contra, non trae o Urban Renewal Kit (o editor de edificios) nin as cidades que viñan no CD orixinal (mais se tes o CD podes incluílas no cartafol CITIES e despois de facer a sincronización en liña poderás usalas).

Para obtelo só tes que ter unha conta en Origin e ir a esta ligazón.

plants-vs-zombies-garden-warfare
A nova entrega de «Plants vs. Zombies», denominado «Garden Warfare», xa está dispoñible para reservar a través de Origin, así como noutras tendas online.

Para anunciar a apertura das reservas, Electronic Arts ven de publicar este novo tráiler do xogo:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 27 de febreiro para Xbox 360 (29,95 €) e Xbox One (39,95 €), mentres que a versión para PC (34,95 €) está prevista para a vindeira primavera.

ea
Onte mesmo, Electronic Arts publicaba as cifras de vendas do segundo trimestre deste 2013, no que ingresou uns 949 millóns de dólares, algo menos que os 955 millóns do mesmo periodo do ano pasado.

O que máis chama a atención foi que por primeira vez os ingresos das vendas dixitais superaron aos das vendas físicas. Mentres que polas vendas físicas a compañía ingresou 467 millóns de dólares (fronte aos 613 millóns do ano pasado), das dixitais obtiveron uns ingresos de 482 millóns de dólares (fronte aos 342 millóns do ano pasado).

Segundo as verbas do presidente executivo da compañía, Larry Probst

“EA tivo un trimestre sólido impulsado polo crecemento continuo dixital e a xestión disciplinada dos custos.”

Tamén estamos a executar un conxunto claro de obxectivos para o liderado en móbiles, PC, consolas actuais e de nova xeración.”

Gran parte deste aumento nas vendas dixitais ten que ver co lanzamento en febreiro da versión para Mac da súa plataforma dixital Origin.

Origin supera os 50 millóns de usuarios

Por: Mércores, 24 de Xullo de 2013, 1:32 COMENTAR

origin-eaA plataforma dixital de Electronic Arts superou a cifra dos 50 millóns de usuarios, dos que uns 22 millóns son a través de dispositivos móbiles, segundo informou a propia compañía.

Semana de descontos en Origin

Por: Mércores, 20 de Marzo de 2013, 12:00 COMENTAR

origin-ea
Nun novo intento por seguir potenciando a súa plataforma Origin e querendo dar as grazas aos seus máisde 40 millóns de usuarios, os de Electronic Arts comezaron hoxe unha semana de rebaixas de ata o 50 por cento en máis de 200 títulos do catálogo dispoñible.

Xogos como o Dead Space 3 por 24,97 €, o Crysis 3 por 34,97 € ou o Mass Efect 3 por só 10,25 €, son só algúns dos moitos títulos que podedes atopar na plataforma dixital. Se queredes ver o resto de títulos, podedes velos na páxina de Origin.

A oferta será válida dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 26 de marzo.

origin
No marco da convención de seguridade Black Hat en Amsterdam, investigadores de ReVuIn deron unha conferencia titulada: “Inseguridade EA Origin: Cando os bugs locais se volven remotos… outra vez” na que demostraron que o programa de Electronic Arts permite a un hacker explotar unha vulnerabilidade que lle permite executar “código malicioso”, sen interactuación ningunha por parte da vítima.

Dende Electronic Arts, limitáronse a comentar que os seus equipos traballan contínuamente no seu sistema de seguridade, polo que cabe agardar que pronto solucionen o problema cunha actualización.