Apenas quedan tres horas e media para que a conferencia de Microsoft inicie, e para facer tempo até as seis da tarde, amósovos o novo tráiler de Resident Evil:Operation Raccoon City que presentou Capcom.

O vídeo só é unha cinemática polo que agora non podemos dicir nada do propio xogo, pero o que se amosa non ten problema, máis virus (o de sempre), máis infectados, máis tiros…

Veremos se este título se alonxa da acción para centrarse nos corredores típicos da saga e se o argumento está á altura. Pouco a pouco iranse sabendo máis detalles sobre este título.