Seguramente que o nome de Yoshinori Ono non vos di nada, pero se vos digo que…, non, a verdade é que a min tampouco me di nada,aínda que despois das últimas declaracións que dixo decidín investigar un pouco pola rede:

Sinto que é o momento de resucitar esta saga. Pero non quixera facer cousas que xa se fixeran antes. Creo que podería ser hora de progresar e ir máis alá da típica aventura para un xogador. Ten que haber maneiras de expandir o que xa se fixo e implicar máis á comunidade. Tal vez implementando algún tipo de multixogador“.

Pois ben,mirando por aí,souben que Ono só estivera relacionado na segunda parte de Onimusha no apartado sonoro,polo que non ten demasiada relación directa coa saga,pero tendo en conta que os creadores desta saga se afastaron dela (Inafume e Jun Takeuchi),pode que só nos quede esta persoa para darnos esperanzas a todos aqueles que amamos Onimusha.

Con todo, non estou moi de acordo coas palabras de Ono, xa que os que me ides coñecendo xa sabedes que non son demasiado seguidores dos multixogadores online, e teño moito medo de que estropen un título desta categoría.

Por favor xente de Capcom,recuperade esta saga, pero cos factores que fixeron perdurar na memoria esta saga:aventura,acción,variedade,historia,espadas,puzles,diversión…