Edición especial do ‘Skyrim’

Por: Domingo, 7 de Agosto de 2011, 14:27 COMENTAR

Xa había tempo que non aparecían estas edicións especiais que chamasen tanto a atención do usuario, mais volvemos ás andadas con The Elder Scrolls V: Skyrim.

Sen dúbida o que máis chama a atención é que inclúa unha estatua dun dragón. Con todo, descríbovos a seguir todos os detalles desta edición para que valoredes se vos convén gastar 150$ que custa esta edición especial.

Estatua Alduin: Unha estatua de 12 polgadas fabricada en PVC.

Libro oficial de “Arte de Skyrim”: Duascentas páxinas con ilustracións, rascuños iniciais, modelos, comentarios do director, etc.

DVD de making of do videoxogo: DVD que non pode faltar nestas edicións que nos explica o seu desenvolvemento.

Eu non é que sexa moi amigo destas edicións, máis que nada polo prezo, mais se sodes afeccionados a coleccionar figuriñas podedédela reservar xa.

Lembrade que o videoxogo sairá no 11 de novembro.

O primeiro The Elder Scrolls para esta xeración non foi que me entusiasmara moito, máis que nada porque a súa xogabilidade facíame perder os nervios, sobre todo no tema dos combates. E despois de mirar algún que outro gameplay desta quinta parte, moito me temo que correrá a mesma sorte.

Sei que engadiron algunha mellora como a posibilidade de usar maxia e arma ao mesmo tempo (teño esperanza de que sexa suficiente para que non me defraude). E a ambientación, con dragóns incluídos, é impresionante. Mais teimo no mesmo, xogabilidade, xogabilidade, xogabilidade.

De todos os xeito podedes ollar como serán algúns dos combates deste xogo de rol de acción.