call-of-duty-ghosts
Se a calidade dos gráficos dos videoxogos avanza a pasos axigantados, os requisitos de hardware destes non se quedan atrás e os xogadores de PC ven con impunidade como o seu ordenador queda obsoleto en moi pouco tempo.

Un claro exemplo disto, será a vindeira versión para PC do «Call of Duty Ghosts», que precisará dun mínimo de 6 GB de memoria RAM e nada menos que 50 GB de espazo no disco duro. Como consecuencia deste primeiro requisito, tamén será necesario ter un sistema operativo de 64 bits, debido á limitación de 4 GB dos sistemas antigos de 32 bits.

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
  • CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHz / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHz ou mellor.
  • RAM: 6 GB RAM.
  • Disco duro: 50 GB de espazo libre.
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 550 Ti / ATI Radeon HD 5870 ou mellor
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX.
  • DirectX: 11.
  • Internet: Conexión de banda larga para o Multixogador. É necesaria unha conexión á Internet para a activación do xogo.

Fonte: Páxina de Nvidia.

Como non, dende Nvidia tamén recomendan ter unha GeForce GTX 780 para obter o mellor rendemento gráfico.

O lanzamento para PC, así como para PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, está previsto para o vindeiro 5 de novembro, mentres que para PlayStation 4 e Xbox One está previsto para a data de lanzamento de cada unha, 29 e 22 de novembro, respectivamente.

Requisitos para PC de «Watch Dogs»

Por: Martes, 8 de Outubro de 2013, 16:00 COMENTAR

Watch-Dogs-connected
Despois de certos rumores e publicacións falsas, Ubisoft publicou os requisitos necesarios para xogar á versión para PC.

Un dos puntos que máis chaman a atención é o requisito dun sistema operativo de 64bits, algo pouco común ata o de agora nos videoxogos, pero que cada vez será máis habitual. Isto é debido á limitación de 4 GB de memoria RAM dos sistemas de 32bits e a que o xogo pide un mínimo de 6 GB de memoria RAM.

Por poñer un exemplo, segundo as cifras oficiais, esta limitación afectaría a un 24% dos usuarios de Steam, que empregan un sistema operativo de 32bits.

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows® Vista SP2 64 bit, Windows® 7 SP1 64 bit, Windows® 8 64 bit
  • Procesador: Intel Core® 2 Quad Q8400 @ 2,66 GHz ou AMD® Phenom II X4 940 @ 3.0 GHz
  • Memoria RAM: 6 GB
  • Tarxeta gráfica: 1 GB VRAM compatible con DirectX® 11 e Shader Model 5.0
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX® 9

Requisitos recomendados:

  • Procesador: Intel Core® i7 3770 @ 3.5Ghz ou AMD® FX-8350 @ 4.0Ghz
  • Memoria RAM: 8 GB
  • Tarxeta gráfica: 2 GB VRAM compatible con DirectX® 11 e Shader Model 5.0 ou superior
  • Tarxeta de son: Compatible con DirectX® 9

Tarxetas gráficas soportadas no lanzamento:

  • nVidia GeForce das series GTX460 ou superior, GT500, GT600, GT700
  • AMD Radeon das series HD5850 ou superior, HD6000, HD7000, R7 e R9
  • Intel Iris Pro HD 5200

O lanzamento está previsto para o vindeiro 21 de novembro.

Máis informacón na páxina oficial.

steam_machines
Recentemente, a compañía Valve anunciaba o lanzamento dunha liña propia de PC’s, as Steam Machines. Nese mesmo anuncio tamén confirmaba que 300 usuarios poderían probar os prototipos antes de que saian á venda.

Hoxe coñecemos as especificacións que terá o hardware desas máquinas. Hai que ter en conta que non todas incorporarán o mesmo hardware e podemos ver que haberá varias configuracións diferentes:

  • GPU: Nvidia Titan | Nvidia GTX780 | Nvidia GTX760 | Nvidia GTX660
  • CPU: Intel i7 4770 | Intel i5 4570 | Intel i3
  • RAM: 16 GB DDR3-1600 MHz (CPU) | 3 GB DDR5 (GPU)
  • Almacenamento: 1 TB / 8 GB Híbrido SSHD
  • Alimentación: Fonte interna de 450W
  • Dimensións: 30 x 32 x 7,5 cm. (aprox.)

Serán totalmente actualizables e o usuario poderá reemprazar calquer peza por unha do seu gusto. Segundo as declaracións da propia compañía:

“Para ser exactos, este deseño non está pensado para todos os millóns de usuarios de Steam, aínda que pode ser a máquina ideal para unha importante porcentaxe de usuarios que a mercarían, eses que queren ter un alto rendemento no salón da súa casa. Outros moitos optan por máquinas deseñadas máis coidadosamente, deseñadas para custar menos, ser máis pequenas, silenciosas e haberá Steam Machines que cumpran esas descricións.”

Está previsto que as Steam Machines saian á venda durante o vindeiro ano 2014.

gpu-titan-oem
Na eterna loita por ter a gráfica de maior potencia, Nvidia da un novo paso adiante presentando a GeForce GTX Titan.
Esta nova gráfica de Nvidia contará na súa versión básica cunha versión do chip GK110 con fabricación de 28 nanómetros e 6 GB DDR5 a 6008 Mhz.

Outras especificacións da tarxeta gráfica:

  • Contén 7.000 millóns de transistores (o dobre que a GPU GeForce GTX 680 e un pouco máis que a GTX 690, que conta con dobre GPU)
  • Posee 2668 núcleos de GPU (un 75% máis que a GTX 680 de NVIDIA) e 224 unidades de textura.
  • Frecuencia de reloxo de 837 MHz, e ata 876 MHz acelerada.
  • Proporciona 4,5 Teraflops de capacidade de cálculo en coma flotante de precisión simple e 1,3 Teraflops de precisión doble.
  • Incorpora a nova tecnología Boost™ 2.0, que aumenta automáticamente o rendemento gráfico e inclúe controis avanzados de axuste do voltaxe para obter maior control de xogo e máis opcións de personalización de overclocking.
  • Poden combinarse 3 GPU GTX TITAN en modo SLI triple para conseguir aínda máis potencia.
  • Bus de datos de 384 bits (aínda que os rumores falaban de 512 bits).
  • Consumo de 250 watios, só 45 máis que a GTX 680 e 50 menos que a GTX 690.
gtx-titan-performance-chart

Comparativa de rendemento con outras tarxetas gráficas

A súa saída ao mercado está prevista para o vindeiro 25 de febreiro e estímase que o seu prezo rondará os 750 €.

Máis información da gráfica na web de Nvidia.

Engadamos o nome de Project Shield ás consolas que estarán no mercado nun futuro próximo, xa que Nvidia acaba de anunciar esta nova portábel para dispositivos Android e PC.

Como sabemos, Android está pegando forte (recordemos que está de camiño Ouya, outra consola de sobremesa para soportar este sistema) e agora Project Shield, pero que nos ofrece exactamente?

Ler o resto da entrada »