Ao tempo que chegan a nós a diario novos detalles sobre Mass Effect 3 e o inminente MMO “The Old Republic”, a numerosa comunidade de fans de Bioware fai ferver os faladoiros da rede polas especulacións ante o pouco que se puido ver do novo proxecto, que será o primeiro dos novos estudos da compañía.

Aínda que son apenas un par de segundos perdidos nun tráiler publicitario, neles podemos distinguir unha colisión de vehículos nun entorno que non parece moi distante ao dos shooters que actualmente arrasan no mercado. Outras fontes sinalan a posibilidade da ambientación nun inminente futuro post-apocalíptico, pero aínda que nada se sabe de certo sobre o xénero e ambientación do xogo, ninguén parece dubidar que os breves segundos que puidemos ver confirman unha estética atípica no que viña sendo o canon da compañía que popularizou un particular e persoal formato no rol contemporáneo.

Agora todo apunta á data do 10 de decembro, cando a gala dos VGAs que será emitida en Spike Tv deixe ver o tráiler completo.

Anuncio do novo xogo de Bioware.