Mario Sports Mix para 2011

Por: Xoves, 28 de Outubro de 2010, 14:37 COMENTAR

Este xogo que fora presentado no moi descafeinado E3, parece ser que finalmente sairá á luz para o vindeiro ano, mentras, como acontece habitualmente, en Xapón poderán probar a súa calidade o 25 de novembro.
Lonxe de desmotivarnos,será mellor que saibades algúns dos datos novos que se presentaron.
Primeiro, decir que será desenrolado por Square Enix e que os xogos que abarcará serán o baloncesto,béisbol,balón prisioneiro e hockey, ademáis están confirmados 16 escenarios, e todos estilo mariescos, polo que xa podedes esperar como serán os escenarios….colorido,diversión e orixinalidade.
Tamén debemos mencionar que o título traerá minixogos cos que pasar as horas e coa tradición que ten Nintendo neste aspecto podemos asegurar que serán do máis divertidos (espero non ter que tragar as miñas palabras).
Agora mesmo estou nun conflito mental con este título,estará á altura dos xogos de Mario?,ou simplemente será un pseudo-proxecto para calmar as ansias dos neo-nintendeiros.

PSP Phone é unha realidade

Por: Mércores, 27 de Outubro de 2010, 11:45 COMENTAR

O que parecía un rumor que se extendería ata longos tempos futuros,Sony sorprende aos amantes dos gadgets con este novo períférico-teléfono-pseudovideoconsola. Porque PSP Phone xa existe, tanto, que Engadget fai unha adicatoria amosándonos as súas principais características.
O deseño aseméllase indubidábelmente á “falecida” PSP Go, e dito trebello empregará o sistema operatico Android.
Potencialmente estará á altura, cun Qualcomm MSM8655 a 1Ghz con 512MB de RAM e 1GB de memoria interna.
Pero unha das cousas que máis me gustaron e que quero salientar, é que Sony aprendeu dunha vez por todas e abandona ás engorrosas e caras Memory Sticks, para empregar MicroSD.
Moitos estaredes xa asociando este aparello coa PSP 2, pero persoalmente creo que Sony tirará por outro lado coa PSP 2,centrándose noutros temas máis relacionados cos videoxogos e en novas formas de captar ao público (quizáis 3D,potencia,pantallas táctiles…)

Data de saída e prezo de 3DS

Por: Mércores, 29 de Setembro de 2010, 20:26 COMENTAR

nintendo3ds2

Por fin podemos saber (parcialmente) cando e canto nos custará adquirir a nova revolucionaria portábel de Nintendo. Digo parcialmente, porque oficialmente só falaron no país nipón, aínda que abonda para facer un breve valoración do que nos pode custar.

En canto á saída, rumoreouse ben tempo que podería saír en Xapón o 11 de novembro, pero finalmente non será así, e terán que esperar ata o 26 de febreiro de 2011 e con relación á chegada a occidente mencionaron que sairía no longo de marzo, aínda que non especificaron o día en concreto.

Pero vamos o que realmente interesa, a que prezo sairá?, pois os xaponeses terana a 25000 yens, que facendo o cambio estaría en 221 euros, polo que se pode intuír que finalmente estará a 250€, porque está claro que farán unha aproximación cara arriba e non cara abaixo.

Así que xa sabedes e xa podedes valorar se vos vai convir ou non, persoalmente e tendo en conta que a cotrosa PSP Go está a este mesmo prezo tampouco me parece unha esaxeración, pero ao mesmo tempo sabendo que Nintendo no fai rebaixas nas súas consolas, quizáis atraería a máis xente se estivese a 200€. Aínda así, e vendo a impresionante cantidade de compañías que están desenrolando para esta consola, creo que para mín vai ser unha compra obrigada.

Novo In-game de Bulletstorm

Por: Domingo, 26 de Setembro de 2010, 14:18 COMENTAR

A simple palabra de Bulletstorm quizáis non nos signifique nada, pero se falamos de que está sendo desenrolado por Epic Games, o conto ten que cambiar, e moito, porque os creadores dos impresionantes Gears of War volven cun shooter propio deles, é decir, sangue,disparos,crueldade e infinitas doses de acción frenética.

A decir verdade nunca fun moi fan destos xogos que che puntuan cada morte que fas, pero estamos falando de Epic Games, estamos falando de que canto máis cruel e sanguenta é a morte máis puntuación recibimos e estamos falando dunha compañía que conta cuns títulos moi divertidos as súas costas.

Quizáis me estea deixando levar pola emoción, pero saberémolo a ciencia certa o 22 de febreiro do próximo ano (normal, non ía ser deste ano).

Algúns detalles sobre Batman: Arkham City

Por: Mércores, 22 de Setembro de 2010, 16:29 COMENTAR

batman

Aínda recordo con toda a emoción a sorpresa que levei cando xoguei ao primeiro título de Batman desta xeración, e non hai palabras para describir esa xoia dos videoxogos.

Supoño que a ninguén collería por sorpresa que sacarían un novo título, e deste, cada vez se saben máis cousas e algunhas delas cóntoas aquí.

O primeiro que debemos mencionar son os novos personaxes que veremos no título, polo que ademáis do carismático Joker poderemos ver a Dúas Caras,Victor Zsaz, Calendar Man e Catwoman como convidados especiais en Arkham City.

Tamén hai que destacar que a historia continuará directamente do anterior videoxogo, detalle que poderedes aproveitar para volver rexogar a anterior obra de morcego, que nunca ben mal.

Pero o detalle máis sorprendente é que o mapa será cinco veces máis grande que Arkham Assylum ( que xa lle chega ben ), polo que podemos intuír que haberá vehículos que manexar para desprazarnos dun lado a outro.

Sobra mencionar que é un dos títulos que máis espero, e aínda preguntades por qué?, se facedes isto é que non desfrutastes do anterior título.

Sony prepara o terreo para PSP 2

Por: Luns, 20 de Setembro de 2010, 17:25 2 COMENTARIOS

PSP rota

Que Sony xa está traballando nunha segunda parte de PSP (ou como lle chamen finalmente), creo que é algo que se pode asegurar, non tanto como para decir que xa a teñen rematada como decía Shaum Himmerick, desenrolador de Mortal Kombat, pero o último personaxe en facer referenza a este tema foi Shuhei Yoshida, cabecilla de Sony Worldwide Studios, o cal mencionou que a PSP estábase volvendo vella.

Segundo as súas palabras, cando sacaron ao mercado a PSP fai cerca de seis anos, esta portábel era a última tecnoloxía, pero os tempos cambian rápido e agora estase quedando anticuada.

Así, creo que a posición de Sony ao respecto é ir deixándolle a silla quentiña para a chegada de PSP 2, polo que case estou por asegurar que de aquí a un ano escaso, teremos presentado novas consolas, polo que o E3, GamesCom e TGS do ano que vén promete algunha máis sorpresa que este ano.

E qué se pode esperar da nova PSP?, pois vendo a posición que leva Nintendo coas 3D, non me extrañaría que Sony seguise estos pasos para aproveitar o tirón.