Seguramente que o nome de Yoshinori Ono non vos di nada, pero se vos digo que…, non, a verdade é que a min tampouco me di nada,aínda que despois das últimas declaracións que dixo decidín investigar un pouco pola rede:

Sinto que é o momento de resucitar esta saga. Pero non quixera facer cousas que xa se fixeran antes. Creo que podería ser hora de progresar e ir máis alá da típica aventura para un xogador. Ten que haber maneiras de expandir o que xa se fixo e implicar máis á comunidade. Tal vez implementando algún tipo de multixogador“.

Pois ben,mirando por aí,souben que Ono só estivera relacionado na segunda parte de Onimusha no apartado sonoro,polo que non ten demasiada relación directa coa saga,pero tendo en conta que os creadores desta saga se afastaron dela (Inafume e Jun Takeuchi),pode que só nos quede esta persoa para darnos esperanzas a todos aqueles que amamos Onimusha.

Con todo, non estou moi de acordo coas palabras de Ono, xa que os que me ides coñecendo xa sabedes que non son demasiado seguidores dos multixogadores online, e teño moito medo de que estropen un título desta categoría.

Por favor xente de Capcom,recuperade esta saga, pero cos factores que fixeron perdurar na memoria esta saga:aventura,acción,variedade,historia,espadas,puzles,diversión…

Tráiler de Dynasty Warriors 7

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011, 11:42 COMENTAR

Ten que haber xente para todo, algúns desfrutan producíndose dor, outros gústalles Operación Triunfo e existen xogadores que desfrutan da saga Dynasty Warriors.

Para aqueles que non saiban de que trata esta saga, abonda con dicirlle que se basea en premer un só botón de acción para destruír a centos de inimigos que nos atacan por escenarios totalmente baleiros.

Con este simple plantexamento segue tendo os fans suficientes como para que ano tras ano continúen sacando xogos ao mercado. Non me preguntedes o motivo, porque eu tampouco o comprendo.

Seguindo con este fenómeno paranormal, acaban de sacar o primeiro tráiler de Dynasty Warriors 7, e volve ser máis do mesmo e nada espectacular. Outro vídeo que promete máis do de sempre,máis do de sempre,máis do de sempre…

As novas das portábeis están acaparando toda a rede, e Sony, dende que presentou a súa PSP 2 non deixa de deleitarnos con vídeos demostrativos da súa consola.

Nesta volta volve deixar patente que a potencia de NGP apunta moi alto, e amósannos grandes títulos como Killzone (espectacular), Resistance, Little Big Planet ou o xa máis que esperado Uncharted.

Este vídeo tamén serve para que vexamos parte da súa xogabilidade, como o recoñecemento da posición da consola ou a súa pantalla táctil, pero moito me temo que estas dúas características quedarán a un segundo plano se o resto da xogabilidade é precisa, e non como acontece coa actual PSP.

E todo isto está moi ben, pero cando unha data concreta e un prezo?, moitos intúen que estará entre os 250€ e 300€, pero eu conto que sexa algo máis cara…espero que me equivoque.

Duke Nukem Forever, por fin???

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011, 15:45 COMENTAR

Duke Nukem Forever

Pois si, fai uns días que 2K Games e GearBox Software anunciaron o lanzamento da continuación da mítica saga ‘Duke Nukem’ que chegará ás tendas (será desta???) o vindeiro día 3 de maio en Estados Unidos e o 6 de maio no resto do mundo. Estará dispoñible para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Despois de 15 anos dende a saída do mítico ‘Duke Nukem 3D’ (1996), inumerables cambios de datas e ata de compañía, parece ser que será o vindeiro día 6 de maio cando por fin poderemos volver a desfrutar desta máis que coñecida saga de videoxogos.

Duke Nukem Forever

Páxina oficial

Por agora pouco se sabe do xogo, xa que soamente publicaron un pequeno trailer con algunha imaxe “ingame”, mais agardamos que pouco a pouco, segundo se vaia achegando a data de saída, se vexa algunha cousa máis.

Aquí tedes o trailer oficial:

A ver se esta vez é a definitiva e non temos que sufrir outro atraso para poder desfrutar de novo con este videoxogo.

Como anécdota, dicir que o 6 de maio xusto se cumpren 2 anos dende que 3D Realms anunciara a cancelación do proxecto por problemas de financiación, o que lle ocasionou algunhas disputas legais con Take-Two (propietaria dos dereitos de distribución da franquicia). Finalmente, outorgóuselle o traballo a GearBox Software.

I Am Alive podería ser un xogo descargábel

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011, 15:07 COMENTAR

Xa fai tres anos que Jade Raymon nos sorprendeu cun sorprendente tráiler no que nos poñía na pel nun supervivente en primeira persoa.

I Am Alive era o nome do título e a supervivencia levábase a cabo nunha cidade estadounidense arrasada polos tremores de terra. Non estaban moi claro os motivos, pero o noso protagonista debía buscar comida, bebida e escapar dos últimos superviventes que tamén buscan os alimentos básicos.

Verdadeiramente o tráiler chamou a atención de todo o mundo, pero por algún que outro motivo sufríu innumerábeis retrasos e teóricas cancelacións.

Pero a nova saltou no recente E3 cando Activision confirmou que o videoxogo aínda estaba vivo. E hoxe volveu saltar o rumor cando anunciaron que I Am Alive podería ser un xogo exclusivamente descargábel para PS Network.

Non se sabe se é unha nova oficial, pero se isto é certo supoño que será unha estratexia de Activision para non pillarse os dedos na distribución dun título no que xa non promete tanto como nun principio.

E todos sabemos o que acontece cando un videoxogo sofre retrasos, e retrasos, cancelacións, retrasos…

É curioso como meses antes de saír a Nintendo 3DS os usuarios xa comezan a falar de esperar por unha reedición da propia.

Non me extraña demasiado mirando a política que leva a cabo Nintendo, coa DS foron catro modelos diferentes, cantos terá a 3DS?. Aínda así, Nintendo pretende cubrir o cupo de consolas vendidas dende un inicio, polo que o seu propio presidente Satoru Iwata apresurouse a dicir que a 3DS xa leva implementado todos os trucos de aforro de espazo que leva a DS Lite, e por consecuencia non tiñan plantexado sacar ningunha reedición “Lite” a curto prazo.

Por outro lado, o director da división de manufactura da plantilla, Nobuo Nagoi, aclarou que nesta ocasión xa está completamente equipada dende o principio.

Agora só queda esperar á xente que verdadeiramente crea estas palabras,porque tendo en conta o ben que lle vai á DS,incluso coa última versión, dubido moito que deixen esta línea estratéxica.

Por certo, hai que ter en conta que non todos están moi convencidos con esta portábel, a verdade:

kratos 3ds

Imaxe e vídeos de PSP 2

Por: Xoves, 27 de Xaneiro de 2011, 15:04 COMENTAR

Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.

O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.

Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.

Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:

Ler o resto da entrada »

Primeira imaxe de PSP 2

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 11:53 2 COMENTARIOS

Vouvos dar a elexir, pensades que esta imaxe que vos amoso é real ou trátase dun Fake?.

Personalmente opino que pode ser unha realidade, porque hai que ter en conta que Sony é totalmente incapaz de manter en segredo os seus aparellos, recordemos as filtracións da “funesta” PSP Go ou as fotografías da versión Slim de PS3 semanas antes da súa presentación.

Agora os de VG247 sacan á luz unha filtración da súa próxima PSP 2.

Se a imaxe é real (moi posíbel), non chama demasiado a atención o seu aspecto. Recorda moitísimo á PSP pero máis fea e máis grande. Esperemos que se vexa compensado pola tan aclamada e anunciada potencia gráfica desta portábel.

De verdade moverá gráficos tan potentes como os da PS3?, ata que os vexa cos propios ollos eu non aseguro nada.

Seguir a presentación europea de 3DS

Por: Mércores, 19 de Xaneiro de 2011, 12:45 1 COMENTARIO

Hoxe foi o día escollido para que a nova portábel de Nintendo se presente a Europa. Os que seguimos esta consola de cerca (máis por curiosidade que por outra cousa) estaremos atentos a Amsterdam, porque hoxe ás 15:00 poderemos seguir este esperado lanzamento.

Se vós tamén queredes ver o seu prezo final, día concreto de lanzamento e os títulos que acompañarán a consola en directo, mergulládevos nesta ligazón:

http://live.nintendo3ds.nintendo-europe.com

Persoalmente creo que este evento non vai sorprender ninguén, xa que o prezo case é seguro que sexa de 250 euros, os títulos de lanzamento serán similares aos anunciados no Xapón e a consola sairá sobre marzo.

Pero sempre hai que deixar un oco para a esperanza… sobre todo no referente ao prezo. Hai que saber soñar.

O rumor que saíu hai unhas semanas acábase de confirmar estes días.

Final Fantasy XIII-2 terá unha continuación en forma de segunda parte. Con recordar un pouco, saberemos que a décima terceira parte de Final Fantasy xa provocou moitas discusións, e con razón.

Ler o resto da entrada »

L.A Noire ten 50 horas de diálogos

Por: Luns, 17 de Xaneiro de 2011, 13:25 COMENTAR

L.A Noire xa é un dos xogos máis esperados deste ano, e cales son as razóns?, pois se non vos abonda coa explosión gráfica ou cun novo sandbox de Rockstar (algo que saben facer moi ben), agora os seus desenroladores ofrecen unha entrevista na cal explica máis detalles.

O máis salientábel é que L.A Noire terá cincuenta horas de diálogos, segundo eles, equivalentes a dúas tempadas de calquera serie de televisión.

Verdadeiramente é unha información impactante, pero como implementar isto nun videoxogo?, pois dándolle independencia a cada caso. Deste xeito, tamén deixaron caer que cada misión dependerá das decisións que tomemos, levándonos por diferentes camiños á hora de resolvelas.

Alguén dubida que L.A Noire chegará con moitísima forza?

Exclusividades de Sony para 2011

Por: Martes, 11 de Xaneiro de 2011, 12:38 COMENTAR

Co novo ano Sony pretende captar a atención dos usuarios facendo unha listaxe coas exclusividades que sacará ao longo do 2011.

O título que máis destaca volve ser o The Last Guardian xa que previamente non ía saír ata o 2012, pero Team Ico volve darnos unha alegría coa posibilidade de podelo xogar neste ano. Vale, que non está previsto ata finais, pero máis vale isto que unha data sen concretar para o próximo ano.

Aquí os tedes todos:

Ar tonelico Qoga: Knell of Ar Ciel (Marzo, 2011)
· Hyperdimension Neptunia (Febreiro, 2011)
· The Ico and Shadow of the Colossus Collection (Primavera, 2011)
· inFAMOUS 2 (2011)
· Journey (2011)
· Killzone 3 (Febreiro 22, 2011)
· The Last Guardian (Nadal, 2011)
· LittleBigPlanet 2 (Xaneiro 18, 2011)
· MLB 11 The Show (Marzo 8, 2011)
· MotorStorm Apocalypse (Primavera, 2011)
· No More Heroes: Heroes’ Paradise (Outono, 2011)
· PixelJunk Shooter 2 (2011)
· PlayStation Move Heroes (Primavera, 2011)
· Ratchet & Clank: All 4 One (Outono, 2011)
· Resistance 3 (Setembro 6, 2011)
· SOCOM 4 (2011)
· Sorcery (2011)
· Twisted Metal (2011)
· UNCHARTED 3: Drake’s Deception (Novembro 1, 2011)
· Yakuza 4 (Marzo 15, 2011)