A rodaxe do segundo filme de Silent Hill xa está activo, e para demostrarnos que non pretenden converterse nun proxecto secundario amosáronnos as primeiras imaxes que pintan realmente ben.

Como podemos observar,estará ambientada na tereceira parte do videoxogo, e non sei a vós, pero a min estas fotografías “acollóanme” bastante.

Se son honesto, a primeira película de Silent Hill tampouco me pareceu tan mala como pintan por aí (temos que ter en conta que falamos dun filme baseado nun videoxogo), e esta segunda entrega pretende superala en canto a medo psicolóxico.

Non sei vós que opinades, pero a min pícame o verme da curiosidade con este Silent Hill.

Ler o resto da entrada »

Está ben, os personaxes con super poderes molan, pero non vos daba a sensación de que Cole, do primeiro InFamous, non explotaba como debería os seus poderes?

Pois neste novo tráiler enfádase co mundo e amósanos novas formas de destrución, como crear un remuiño electromagnético con todo o que haxa no escenario, crear superficies deslizantes, lanzarse envolto nunha áurea de lume cara os inimigos…

Non vos crea un picor curioso no corpo por saber como será realmente no título?

Nova conta atrás de Capcom

Por: Mércores, 6 de Abril de 2011, 13:00 COMENTAR

Pensades que este ano iades quedar sen as enigmáticas contas atrás das compañías para presentar algún título?, pois esquecédevos, porque Capcom acaba de abrir unha páxina cunha conta atrás que remata o próxmo mércores.

Como é normal, non sabemos absolutamente nada, mais que dúas letras (DD) e unha aparente silueta dun dragón.

Como acontece sempre, todos comezaron a especular sobre qué xogo sería, uns falan sobre un remake de Dungeons of Dragons, outros soñan co regreso de Darkstalkers, aínda que a maioría dos votos van para Dragon´s Dogma.

Saieremos de dúbidas dentro dunha semaniña. A ver como nos sorprende Capcom.

F1 2011, o 23 de setembro

Por: Domingo, 27 de Marzo de 2011, 21:56 COMENTAR

Codemasters ven de anunciar que lanzará a nova entrega do simulador de condución ‘do gran circo’ o vindeiro 23 de setembro para PS3, Xbox 360 e PC. Tamén haberá versións para a Nintendo 3DS e NGP.

Se ven gráficamente a versión anterior estaba moi ben, no apartado da xogabilidade, xerou certas críticas por parte de moitos xogadores, tanto por consideralo demasiado ‘arcade’ como pola cantidade de erros que tiña dende o seu lanzamento e que moitos aínda non arranxaron. Terán que aprender dos seus propios erros en Codemasters se non queren perder prestixio no mundo dos videoxogos de conducción, prestixio que gañara fai tempo con títulos como os Colin McRae, por exemplo.

Haberá que agardar a ver que sucede…

L.A Noire:investigacións

Por: Xoves, 10 de Marzo de 2011, 0:58 COMENTAR

Sobra presentar este xogo, porque dende que Rockstar anunciou L.A Noire, todos os amantes dos bos xogos etamos esperando verificar as nosas hipóteses.

Pero non só vai ser un xogazo porque sexa un sandbox (Rockstar é imbatébel neste campo), nin tampouco polas súas espectaculares animacións, nin tampouco por ese apartado gráfico, tamén será un xogazo pola posibilidade e liberdade que ofrece ao xogador a investigar os casos que se nos propoñen.

Buscar probas,intimidar aos sospeitosos,interrogar aos testigos,tomar decisións…todo isto está explicado no seguinte vídeo, que non serve para outra cousa que para facernos ter aínda máis ganas de L.A Noire.

Ti aínda non lle tes ganas?

Filtrado gameplay de Battlefield 3

Por: Domingo, 6 de Marzo de 2011, 15:47 COMENTAR

Despois dun par de días de ausencia na páxina volvo traendo comigo un novo gameplay do brutal Battlefield 3, directamente filtrado dende a GDC, no cal nos volven a mostrar que DICE está realizando un impresionante traballo.

Vale, sei que o vídeo está grabado dende un cámara posíbelmente de teléfono, vale, tamén sei que o señor ten menos pulso que un cirurxán farto de tequila, pero con todo isto podemos percibir un título que chamará a atención de todos.

Mención especial á destrución de escenarios (típicos da saga) e aos efectos de iluminación.

Alguén dubida de DICE?

Novas imaxes de Shadow of the Damned

Por: Martes, 15 de Febreiro de 2011, 11:58 COMENTAR

Poucas veces un xogo tan feo e tan pouco prometedor (mirando as imaxes) foi esperado por tanta xente.

O por que está ben claro,mais que nada porque detrás deste proxecto están Shinji Mikami e Suda 51. Ambos personaxes teñen un longo elenco de videoxogos creados, e todos eles de gran calidade, así, todos temos certas esperanzas en atopar neste novo título un gran xogo.

Aquí amósovos as novas imaxes para que vexades o feismo en persoa, pero ben sabedes, hai que ter fe.

A próxima semana teremos Demo de Okamiden

Por: Luns, 14 de Febreiro de 2011, 20:18 COMENTAR

A nova non a escribo para que probedes a súa demostración que sairá o próximo 21 (que ben podedes), se non para recordarvos que esta pequena xoia (eso espero) poderémola xogar completamente o 18 de marzo.

Este título é a continuación do xogo que enamorou a moitos usuarios en Playstation 2 e pouco despois na consola de sobremesa de Nintendo, no cal nos poñían na man dunha deusa reencarnada en loba e que fará uso dun curioso pincel.

Este pincel usarémolo co stylus e con el poderemos crear obxectos,remarcar zonas ou mesmo invocar a seres fantásticos.

Como vedes, volve repetir plantexamento da primeira parte pero sempre con ese preciosismo e argumento fantástico que cautivou a tanta xente.

Xa teño ganas de catar este título.

Adeus para sempre a… Guitar Hero

Por: Xoves, 10 de Febreiro de 2011, 19:46 2 COMENTARIOS

Pois si queridos lectores, parece que Activision decidíu aplicar unha estratexia tráxica e drástica para grandes dos seus títulos, e así hoxe anunciaron que Guitar Hero foi cancelado definitivamente.

Algo malo tiña que ter a esaxerada e inmensa sobreexplotación desta saga, así, acabaron por cansar e aburrir ao usuario e con moita lóxica, as súas ventas baixaron pronunciadamente.

Para aqueles que aínda estades pensando se isto vai enserio, comentarvos que nin sequera sacarán DLC, nas propias palabras dun dos seus productores.

Lanzaremos o pack de DLC que xa tiñamos anunciado e os mix packs de febreiro, pero non seguiremos sacando novos packs de DLC”

Agora todos aqueles que esperabamos ver un Guitar Hero da altura da terceira parte, quedámonos coas ganas e será mellor que continuemos xogando ao mencionado, porque acabouse,fin,adeus o Guitar Hero.

Ah, por certo, recordades o True Crime que tiñan pensado sacar a finais deste ano?, pois tamén foi cancelado. Quedastes sen cartos Activison?

Primeiro gameplay do prometedor L.A. Noire

Por: Mércores, 9 de Febreiro de 2011, 19:46 COMENTAR

Fai unhas semanas os de Rockstar amosaron o sistema de animacións faciais do seu próximo título L.A Noire. Como era de prever, sorprenderon a toda a prensa.

Supoño que todos temos claro que Rockstar é un xenio facendo sandboxs, pero até o de agora non puidemos ver nada real do videoxogo. Pois agora isto cambiou e podemos desfrutar do que nos deparará a próxima obra de arte desta compañía.

Moi boa pinta, a min tenme moi boa pinta e o feito de que esteamos no lado da xustiza (canto fai que un xogo deste tipo non o fai?) motiva aínda máis a miña espera. Tamén temos que engadir o método de exploración e avance da investigación, que nos obrigará a interrogar e buscar pistas polos escenarios.

Cada vez queda menos para sobrevivir a L.A Noire.

AR-K, unha aventura gráfica feita por galegos

Por: Mércores, 9 de Febreiro de 2011, 16:55 7 COMENTARIOS

Na man de tres coruñeses sae hoxe o primeiro capítulo do que será unha serie chamada AR-K. Este primeiro xogo trae o nome de “Sexo,mentiras e traballos” e ven sendo unha aventura gráfica tentando semellarse ás xoias dos 80 e 90, que viñan na man de desenroladoras tan prestixiosas como Lucas Arts ou Serra.

Para sorpresa e agradecemento meu, o título estará dispoñíbel en galego entre outros idiomas e sumerxeranos nunha aventura futurista no cal parece que todas as necesidades xa están cubertas. Certo día, a nosa protagonista chamada Alicia espertará resacosa e comecerá a dubidar do sistema establecido.

Aparentemente a trama destaca pola intriga e polo humor, e a ambientación será similar ao do cine negro.

O xogo púxese hoxe á venta a 5,95 euros e está pensado para PC. Aínda así, están barallando a posibilidade de sacar versións para Linux,Mac e Ipod. Podédelo descargar na súa páxina web.

Eu aínda non o probei, pero é agradábel ver que hai xente que saca proxectos na nosa língua, e agora se conseguen que o título divirta, xa non hai motivo para non xogalos.

Anunciado The Darkness 2

Por: Martes, 8 de Febreiro de 2011, 19:25 1 COMENTARIO

Alá polo inicio desta xeración apareceu un xogo que non se lle deu a importancia que merecía. Tiña como título The Darkness e poñíanos na pel dun protagonista con super poderes escuros, nos cales destacaba a posibilidade de controlar a uns seres do inframundo.

Inxustamente non acadou a fama que realmente merece un xogo destas características, cun apartado técnico impecable, unha xogabilidade moi boa e unha historia que enganchaba cousa mala.

Para aqueles que desfrutamos deste infravalorado título estamos de sorte porque acaban de confirmar a segunda entrega. Incluso deron unha data, na cal sitúa a súa saída neste mesmo outono.

Eu só espero que estea á altura do orixinal.