Valve continúa a facer as cousas ben e despois de sacar o Portal 2 (do cal axiña teredes a respectiva análise aquí), agasalla os seguidores deste xogo coa banda sonora completa. E cando falo de completa non falo por falar, xa que se hai uns días nos poñían ao noso dispor un primeiro CD completamente gratuíto con 22 cancións para soñar, desta volta chegan cun segundo volume con 18 tracks que nos farán rememorar os mellores momentos deste delicado e delicioso videoxogo.

Mais non acaba aquí, xa que a propia compañía promete un terceiro álbum para completar a Banda Sonora de Portal 2.

Hai algunha escusa para non as escoitar? Descargar, descomprimir e premer o botón “play” para nos introducirmos de novo, desta volta auditivamente, no sinxelo e fantástico mundo de Portal 2. E por se non quedou moi claro, todos os volumes son de balde.

Descargar a Banda Sonora do Portal 2

Fai unha semana Sony lanzou ao mundo un vídeo promocional da súa próxima consola portábel na que nos amosaba as características da súa máquina e imaxes dos seus xogos máis representativos.

O certo é que o vídeo tampouco é moi espectacular, aínda que nos deixa vixente que PS Vita terá unha potencia bastante bruta, pero moito me temo que vai caer no erro de 3DS, é dicir, sacando o Uncharted o resto de videoxogos tampouco chaman moito a atención, polo que como saquen á consola cuns xogos mediocres vai tardar en arrancar, verdade Nintendo?

E falando xusto disto, moito me da no fuciño que como 3DS esperte dunha vez, terá un duro competidor.

A polémica saga de condución Carmageddon podería volver ao mundo dos videoxogos grazas a conta atrás que sacaron na súa propia web.

A inesperada conta atrás remata o día 1 de xuño (xusto antes do E3), e polo que parece estariamos ante un inminente novo videoxogo de Carmageddon. Recordemos toda a polémica que captou esta saga polo feito de ter que conducir atropelando persoas,mentres que a súa cuarta entrega que ía ser sacada á luz no 2005 fora cancelada, pasando formar parte de Eidos.

Estaremos ante a definitiva volta de Carmageddon?, todo parece afirmar isto, mais tocará esperar uns días para asegurar todo.

Para aqueles que non probastes o Arkham Asylum tedes dúas misións, a primeira ler o análise aquí realizado e a segunda correr a por el e desfrutalo como ningún.

Despois de xogalo comprenderedes as expectativas que ten esta segunda parte, que non só promete igualalo, se non que ten todas as pintas de superalo. Ou polo menos no tocante á duración case seguro, xa que a propia Rocksteady (responsábel de Arkham City) asegurou que o xogo alcanzará as 40 horas de xogo.

As misións secundarias en Arkham City son un bo exemplo de durabilidade. Temos cerca de 15 horas de historias fóra do fío argumental principal. A estas misións, debemos sumarlle as máis de 25 horas que custa completar o modo historia polo argumento principal.

Xa vedes, non hai ningún rumor, todo é oficial, parece que teremos un total de 25 horas de historia principal, que para unha aventura deste tipo xa me parece moitísimo, e 15 horas de misións secundarias (que se seguen a liña da primeira parte eu conto pasalas todas).

Eu estou encantado de que lle dean duración ás aventuras (xa podían outras compañías coller exemplo),e con esta noticia teño aínda máis ganas de probalo… se cabe.

Por certo, o título sairá o 18 de outubro para Xbox 360,PS3 e PC

Anteriormente falaba do feísmo de Shadows of the Damned, aínda que matizaba que Shinji Mikami andaba detrás do proxecto, polo que habería que ter fe.

Agora xa hai xente que está probando a review do xogo (recordemos que terémolo nas nosas tendas o 21 de xuño tanto para Xbox 360 como para Playstation 3) e de aquí que poidamos ver os sete primeiros minutos deste videoxogo.

E a verdade é que ten algo que me atrapa. Non sei se será a mestura entre Shooter e Survivol Horror, ou será pola forma de plantexar un xogo de tiros con monstros, pero non podo mentir, tenme boa pinta, e se non cae na monotonía e repetición, podemos estar ante un xogo moi divertido.

Aquí vos deixo o vídeo para que opinedes. Por certo, contén spoilers, así que nas vosas mans está o de velo ou non.

Novo teaser de Hitman Absolution

Por: Martes, 10 de Maio de 2011, 18:46 COMENTAR

Absolution non innovará no argumento, isto está claro, deste xeito o axente 47 aceptará unha misión e será traicionado polos que máis confiaba (parvalloco), o cal terá que aclarar todo mentres o intentan asasinar e capturar pola policía.

Pero Hitman sempre tivo algo, non sei se será o carisma do protagonista, a liberdade que hai para resolver cada misión, a infiltración á base de disfraces, ou non sei que será, pero algo chama a atención dentro de min.

Neste título cambiará algo, xa que Square Enix estará detrás, e coñecendo a estes non me extrañaría que puxesen combates por turnos…

En fin, polo menos haberá que telo en conta e de momento déixovos co seu teaser tráiler.

Nin o mellor guión dun filme pode chegar aos límites os que estamos chegando coa novela do “atentado” contra a plataforma online de Sony.

O último capítulo desta novela ven grazas ao novo movemento de Sony, os cales como no lonxano oeste non dubidan en ofrecer unha recompensa a todos aqueles que lle axuden a “capturar” aos hackers que tumbaron Playstation Network facéndolle perder millóns de dólares á compañía xaponesa.

Aparentemente a recompensa sería ofrecida en cooperación cos axentes a escala internacional e o propio FBI. Como vedes o tema xa chegou a extremos bastante elevados, se é que cos cartos non se xoga.

Esperaremos o próximo capítulo desta novela, que de seguro que haberá unha continuación.

Por certo, déixovos este vídeo metafórico no cal Sony está representado polos úrsidos.

The Darkness 2 o 7 de outubro

Por: Mércores, 4 de Maio de 2011, 19:55 3 COMENTARIOS

Un dos xogos máis infravalorados desta xeración vai ter continuación, e moito máis pronto do que esperabamos.

Tendo en conta que non amosaron case nada de The Darkness 2 (só unhas poucas imaxes e o teaser que o tedes a continuación) nunca pensei telo nas tendas tan relativamente pronto.

Así, o 7 de outubro é o día escollido para que volvan renacer os seres da escuridade, e nós, podelos controlar ao noso antollo.

Aquí vedes o teaser no que non se nos ensina case nada, pero sérvenos para saber que o título está máis que vivo.

Que debe ter un bo survivol horror para conseguir encher o corazón dos xogadores?, pois escenarios escuros,sons estremecedores e bichos que impacten visualmente capaces de destrozar ao protagonista, e polo de momento parece que Afterfall:Insanity conserva todos estes elementos.

Nun principio é bastante obvio que bebe directamente de títulos como Dead Space (sobre todo nos primeiros segundos do tráiler), e o argumento tampouco é o cumio da orixinalidade. Polo tanto recorreremos unha cidade que acaba de sufrir un ataque nuclear rebentando a todos os bichos que se nos poñan a tiro. Máis ou menos o de sempre.

Pero para todos aqueles que xa boten de menos un novo survival horror que teñen en conta este título, que ademáis ten previsto saír ao longo deste ano 2011 para Xbox 360,Playstation 3 e PC.

Ou iso polo menos é como nos queren vender este novo título da erótica Lara Croft,aínda que antes de mencionar isto xa conseguira captar a atención de grande cantidade de xogadores, porque aínda que Tomb Raider tivese grandes “fiascos” ao longo da súa carreira, todos os que xogamos aos primeiros videoxogos gardamos bos recordos desta arqueóloga.

E por qué falo disto se xa fai tempo que saíu á luz esta nova?, pois porque sacaron unha imaxe que está recorrendo toda a rede á velocidade da luz, na que verdadeiramente amosa a unha Lara Croft ferida de verdade, cunha apariencia máis propia de John McClane que dun personaxe de videoxogo.

Entón será verdade que este reboot da franquicia será un título moito máis adulto e serio?, aparentemente así é, e qué queredes que vos diga?, eu estou desexando ver como remata este proxecto, porque cada vez ten mellor pinta.

Chrono Trigger ponse a tiro da PSN

Por: Martes, 26 de Abril de 2011, 17:36 1 COMENTARIO

 

Pois si, parece que este clásico de Super Nes con varios remakes xa feitos, vai aparecer nesta ocasión para a plataforma virtual de PlayStation (que tantos problemas anda a dar nestes últimos días).

Pouco se pode dicir de este clásico que non se dixera xa, Sakaguchi na dirección do xogo, Uematsu na parte sonora, e Toriyama no deseño de personaxes. Todo un plantel de luxo que de feito denominouse “Dream Team”.

Ler o resto da entrada »

Mario Kart 3DS chegará neste mesmo ano

Por: Martes, 26 de Abril de 2011, 16:55 2 COMENTARIOS

Despois da fornada de xogos cutres que sacou a 3DS ao mercado xa vai sendo hora de que os grandes proxectos vaian dando signos de vida.

Un dos grandes acaban de dicir que o sacarán neste mesmo ano, o grandísimo e insuperábel xogo de carreiras Mario Kart. Foi anunciado nun evento realizado en París no cal Shigeru Miyamoto asegurou que antes de que remate este 2011 terémolo nas tendas (aínda que polo de agora non anunciaron absolutamente nada del, mais cunhas pouca imaxes).

Outro dos que fixo acto de presenza foi o remake de Star Fox que tamén sairá este ano.

Como vedes a nova portábel de Nintendo comeza a apretar fondo, e alégrome porque polo de agora os xogos que ten á nosa disposición non é que me chamen demasiado a atención.