A piques está de chegar o Project Natal (si,continúome resistindo o nome final que lle asignaron),para a consola de Microsoft, e para que todo saia ben a nosa consola terase que actualizar.
Así, e despois duns cinco minutos teremos a nosa Xbox 360 co último firmware que chega con bastantes novidades.
Como xa dixen, a máis salientábel é que adapta a nosa consola ás capacidades de Kinect (vale,resignome), pero a parte, atopámonos cun deseño máis minimalista que non lle queda nada mal.
Tamén se estilizaron moito máis os nosos avatares para darlle unha forma máis …humana, por catalogalo de algunha maneira.
E para rematar creo que sobra decir que a actualización é totalmente gratuíta polo que deberiades facerlle este lavado de cara á Xbox 360

O certo é que a política que está levando a cabo Sony cos seus remake remasterizados non é exactamente a expresión da bondade pola súa parte, pero non hai que negar que agasallaron moitas alegrías aos fans dos grandes videoxogos da antiga Playstation 2, poñendo en HD sagas como as de Team ICO (ICO e Shadow of the Collosuss), Prince of Persia ou God of War.
Isto debe estar saíndo rentábel (creo que non cabe dúbida), porque cada vez se está extendendo máis estas reedicións, pero que opina a grande contraria de Sony?, pois Microsoft deixou moi claro que non está disposto a seguir a estela de Sony e as excusas:

Temos un montón de proxectos en marcha, así que a idea de remodelar títulos difícilmente encaixe no noso actual portafolio. Se con iso se aportase un valor real ao usuario habería algunha posibilidad, pero non o consideramos seriamente.

Tamén dixeron que estas remodelacións non ofrecen nada novo ao usuario a un coste bastante alto.
Así que aínda que hai xogos na Xbox que estarían suculentos nunha reedición,esquecédevos deso, e centrádevos nas sagas que poden chegar importadas da PS2.

Nitrome, unha páxina de xogos pixelados.

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010, 14:40 1 COMENTARIO

Descubrín esta páxina xa hai tempo, xogando na casa cun amigo, ten uns xogos pixelados moi bons, a única pega que lle poño é o exceso de publicidade que ten nos últimos tempos, pero bueno, igualmente é moi superior a minijuegos e tantas como hai pola rede adiante. Gustaríame recomendarvos este. Espero que desfrutedes, por certo, se facedes click na imaxe iredes á páxina.