Xa case está aquí, e se todo vai ben para o primeiro trimestre de 2011 poderemos desfrutar (con todas as letras), da segunda parte de Dead Space un xogo que promete facernos pasar medo de verdade,e se sodes escépticos cara esta frase só abonda con observar o último vídeo con gameplay que nos amosan de Dead Space 2.A banda sonora do tráiler é acolloante,tanto que mete o medo no corpo dende que a nena que do vídeo se pon a cantar, e deste xeito avanza o protagonista sen saber o que lle depara o próximo corredor.
A sensación de non saber o que vai ocorrer creo que é universal para todos e o xogo entre sombras e luces continúa sendo máis que sobervio.
Alguén dubidaba que estamos ante un título que será recordado ao longo da historia?,pois non o dubidedes máis e ide preparándovos para divertirvos pasando medo.

http://www.youtube.com/watch?v=gaXqKjvJsJg&feature=player_embedded

Que podo decir de Mortal Kombat,un dos primeiros títulos en ser criticado polos grandes xusticieiros palermas que pensaban que despois de viciarnos a estas pelexas acabariamos arrincándolle a columna vertebral a todo aquel que se nos puxese de frente.
Críticas,insultos,censuras…o que sufríu Mortal Kombat é digno dunha novela,pero a verdade é que a saga foi diminuíndo de calidade nos últimos anos, e os que vos iniciásteis nesta saga ao principio dos seus tempo saberedes o que me refiro.
Pois ben,o próximo xogo de pelexas máis macabro pode volver aos seus inicios e aínda que esta última frase xa e usada por todas as compañías, desta volta sobra con ver o tráiler para saber que o título vai por moi bo camiño.
Non me credes,facedes ben,pero aquí vos deixo o vídeo para que opinedes por vós mesmos.

Roma terá o primeiro museo de videoxogos no 2011

Por: Martes, 2 de Novembro de 2010, 11:46 COMENTAR

Así é, Roma será a primeira cidade Europea en ter un museo adicado única e exclusivamente ao sector dos videoxogos. Dito proxeto levará o nome de ViGaMus e foi descrito como centro da evolución da arte,da cultura e da tecnoloxía da historia dos videoxogos.
Aparentemente non hai día estipulado para a súa abertura, aínda que si é certo que o museo estará preparado no próximo 2011.
Para mín é unha grata sorpresa que haxa lugares onde se lle otorgue a importancia que se merece a unha cultura a que critican por todos os recantos do planeta e por parte de moitísimas entidades.
Deste xeito,este museo que repasará o mundo dos videoxogos do pasado,presente e futuro debería ser un exemplo a seguir para todos os países que moi inxustamente condenan este sector.
Xa sei que ninguén escoitará esta nova porque os países non queren considerar este mundo como cultura,pero a miña pedriña de area déixoa aquí.

Keiji Inafume:”Sayonara Capcom”

Por: Venres, 29 de Outubro de 2010, 12:24 COMENTAR

Acaba de ocorrer a nova que está percorrendo toda a rede en cuestións de segundos, xa que o personaxe máis activo de Capcom, Keiji Inafume,abandonará a compañía na que leva traballando 23 anos o final de mes.
Non mentía en comentarios anteriores na que aseguraba que non lle gustaba o traballo que estaba desempregando, así, un dos principais creadores de Megaman,colaboradores de Dead Rising,Lost Planet, etc deixa atrás a Capcom asegurando que xa non ve máis metas nesta compañía.
Aínda así,non significa que Keiji Inafume baixa deixar de traballar “non vou a descansar,só vou enfrontarme ao próximo desafío”
O que nos queda saber aos videoxogadores é se continuará na industria dos xogos ou pola contra pertenderá dar un cambio aínda máis radical a súa vida e realizar temas diferentes.
E rematarei cunha das súas frases:”a xente que realmente me coñece,pode ver de donde veño.Non son un tipo normal.É probablemente porn iso que son un extraño.
Darei o mellor de mín mesmo.
Grazas”

3DS mestura caras

Por: Martes, 5 de Outubro de 2010, 11:11 COMENTAR

Pois aquí outra das tantas habilidades que terá a próxima portábel de Nintendo coa súa cámara 3D, e para demostralo, os dous grandes cabecillas de Nintendo (Miyamoto e Iwata) deixáronse utilizar para o experimento.

O resultado? a continuación,pero eu xa estou pensando noutros temas máis simpáticos.

Qué pasaría se puxesen ante a cámara un can e unha persoa?

Data de saída e prezo de 3DS

Por: Mércores, 29 de Setembro de 2010, 20:26 COMENTAR

nintendo3ds2

Por fin podemos saber (parcialmente) cando e canto nos custará adquirir a nova revolucionaria portábel de Nintendo. Digo parcialmente, porque oficialmente só falaron no país nipón, aínda que abonda para facer un breve valoración do que nos pode custar.

En canto á saída, rumoreouse ben tempo que podería saír en Xapón o 11 de novembro, pero finalmente non será así, e terán que esperar ata o 26 de febreiro de 2011 e con relación á chegada a occidente mencionaron que sairía no longo de marzo, aínda que non especificaron o día en concreto.

Pero vamos o que realmente interesa, a que prezo sairá?, pois os xaponeses terana a 25000 yens, que facendo o cambio estaría en 221 euros, polo que se pode intuír que finalmente estará a 250€, porque está claro que farán unha aproximación cara arriba e non cara abaixo.

Así que xa sabedes e xa podedes valorar se vos vai convir ou non, persoalmente e tendo en conta que a cotrosa PSP Go está a este mesmo prezo tampouco me parece unha esaxeración, pero ao mesmo tempo sabendo que Nintendo no fai rebaixas nas súas consolas, quizáis atraería a máis xente se estivese a 200€. Aínda así, e vendo a impresionante cantidade de compañías que están desenrolando para esta consola, creo que para mín vai ser unha compra obrigada.

Novo In-game de Bulletstorm

Por: Domingo, 26 de Setembro de 2010, 14:18 COMENTAR

A simple palabra de Bulletstorm quizáis non nos signifique nada, pero se falamos de que está sendo desenrolado por Epic Games, o conto ten que cambiar, e moito, porque os creadores dos impresionantes Gears of War volven cun shooter propio deles, é decir, sangue,disparos,crueldade e infinitas doses de acción frenética.

A decir verdade nunca fun moi fan destos xogos que che puntuan cada morte que fas, pero estamos falando de Epic Games, estamos falando de que canto máis cruel e sanguenta é a morte máis puntuación recibimos e estamos falando dunha compañía que conta cuns títulos moi divertidos as súas costas.

Quizáis me estea deixando levar pola emoción, pero saberémolo a ciencia certa o 22 de febreiro do próximo ano (normal, non ía ser deste ano).

Algúns detalles sobre Batman: Arkham City

Por: Mércores, 22 de Setembro de 2010, 16:29 COMENTAR

batman

Aínda recordo con toda a emoción a sorpresa que levei cando xoguei ao primeiro título de Batman desta xeración, e non hai palabras para describir esa xoia dos videoxogos.

Supoño que a ninguén collería por sorpresa que sacarían un novo título, e deste, cada vez se saben máis cousas e algunhas delas cóntoas aquí.

O primeiro que debemos mencionar son os novos personaxes que veremos no título, polo que ademáis do carismático Joker poderemos ver a Dúas Caras,Victor Zsaz, Calendar Man e Catwoman como convidados especiais en Arkham City.

Tamén hai que destacar que a historia continuará directamente do anterior videoxogo, detalle que poderedes aproveitar para volver rexogar a anterior obra de morcego, que nunca ben mal.

Pero o detalle máis sorprendente é que o mapa será cinco veces máis grande que Arkham Assylum ( que xa lle chega ben ), polo que podemos intuír que haberá vehículos que manexar para desprazarnos dun lado a outro.

Sobra mencionar que é un dos títulos que máis espero, e aínda preguntades por qué?, se facedes isto é que non desfrutastes do anterior título.