Pois si, o próximo proxecto da SEGA será un título para a 3DS . O seu nome completo será (ponde atención), Rhitmic Phantom Thief R: Inheritance of the Emperor Napoleon, que traducido sería algo como O ladrón fantasma rítmico R: A herdanza do imperador Napoleón. Trátase dunha aventura musical en que encarnaremos un ladrón e axudarémoslle a roubar certos artículos de valor.

Como se desenvolverá a aventura? Deberemos premer os botóns da 3DS no momento adecuado (mesmo empregar o sensor xiroscópico).

Parece ser que a compañía xa conta co apoio de varios compositores de videoxogos, polo que a selección musical pode ser todo un acerto.

Á parte aseguran que o título xa se encontra a 50%, de modo que esperamos ter novas deste videoxogo relativamente cedo.

Eu xa estou a agardar un gameplay para ver concretamente como se desenvolverá, e con que sexa a metade de divertido que o Elite Beat Agents, xa me conformo.

Anunciado The Darkness 2

Por: Martes, 8 de Febreiro de 2011, 19:25 1 COMENTARIO

Alá polo inicio desta xeración apareceu un xogo que non se lle deu a importancia que merecía. Tiña como título The Darkness e poñíanos na pel dun protagonista con super poderes escuros, nos cales destacaba a posibilidade de controlar a uns seres do inframundo.

Inxustamente non acadou a fama que realmente merece un xogo destas características, cun apartado técnico impecable, unha xogabilidade moi boa e unha historia que enganchaba cousa mala.

Para aqueles que desfrutamos deste infravalorado título estamos de sorte porque acaban de confirmar a segunda entrega. Incluso deron unha data, na cal sitúa a súa saída neste mesmo outono.

Eu só espero que estea á altura do orixinal.

Por fin gameplay de Catherine

Por: Mércores, 5 de Xaneiro de 2011, 16:56 COMENTAR

Sen lugar a dúbida este é un dos xogos máis raros que están por chegar no panorama dos videoxogos. Xa se teñen amosado imaxes e ninguén sabía de que se trataba (nin sequera a qué xénero pertencía).

Pois agora podemos ver por fin o primeiro vídeo con gameplay e a verdade… eu continuo sen saber moi ben de qué se trata.

Polo que parece, trátase dun título que mestura rol e plataformas. Parécevos curioso?, pois esperade a ver o tráiler. Homes con cornos, tetas grandes , señores xigantes que nos queren cravar cun garfo, caixóns traicioneiros e moita sangue.

O apartado gráfico é un tanto tétrico, pero según parece estamos nos soños do protagonista, aínda que non cambia o feito que non destaquen demasiado ante un título moi orixinal.

Veremos en que remata Catherine, pero polo de agora ten moitos alicientes para chamar a atención do xogador, aínda que sexa simplemente polo seu onírico plantexamento.

http://www.youtube.com/watch?v=CA_Y-KL-QgI&feature=player_embedded

O título non é moi descriptivo pero si ilustrativo, porque máis ou menos é o que pensa Sony co seu Move en contraposición do Kinect de Microsoft.

Non é raro que xa comecen as pelexas entre as dúas compañías para defender os seus detectores de movemento (a Nintendo non lle fai falla), e a primeira gran batalla ven referido ao manexo das espadas láser.
Anton Mikhailov, inxeñeiro de Sony non tivo repara ningún en decir que se algún dos xogos que sairán para os dous accesorios fosen similares, a versión de Move sería moito mellor. É normal que defenda o seu aparello, pero ademais aclara que a precisión de Move é tal, que non ten problema ningún en recrear con toda fidelidade (dubido) o manexo de espadas co noso movemento.

E non se queda aquí, porque este señor ten serias dúbidas sobre o correcto funcionamento de Kinect, xa que segundo as súas palabras a demo que puideron probar “estaba moi escriptada e parecía falsa” e ademais «encontra difícil o cómo van facer un sable de luz, porque hai moitas ambigüedades e faise case imposíbel monitorizar e seguir o ángulo das bonecas».

E para darlle o golpe final a Microsoft, remata cun golpe baixo:

“O xogo de sables de luz que realicemos será fodidamente mellor que o de Kinect”

Primeiro asalto rematado, agora falta que se defenda Microsoft e moito me da nos fuciños que non tardaremos en velo, porque o forno xa está quentiño.

Aquí está a hipotética PSP 2

Por: Luns, 27 de Decembro de 2010, 16:44 COMENTAR

Xa estaba tardando que saise algunha filtración con imaxes e novos datos sobre a segunda parte da PSP.
Pois a encargada de lanzarse a este mundo de rumores é a revista PSM3, que aporta todo unha serie de fotografías que ben poden ser certa.
Un deseño similar á PSP Go, doble stick e aparentemente unha potencia moi por encima do esperado.
Sobra dicir que non hai nada oficial por parte de Sony, pero se recordades, coa PS3 Slim pasou exactamente isto, unha pequena filtración deixou en bragas a toda a compañía xaponesa, que non resalta precisamente por saber gardar segredos.
En fin, queda nas vosas mans crer que todo isto vai chegar a bo porto, ou simplemente é unha mentira máis que empregan os de márketing, pero sexa dunha maneira ou de outra, as imaxes tédelas aquí.

Vida Extra

Creo que Dead Space 2 será un de esos xogos que non necesitan Demo para saír ao mercado, xa que a calidade do título está bastante asegurada.
Aínda que se non tivestes a oportunidade de probar a primeira entrega, invítovos a que o xoguedes xa, non vos defraudará. E se vos queredes asegurar de que será un título obrigado, xa podedes descargar a DEMO en Xbox Live e en PSN só en territorio americano, aínda que os que teñen unha Playstation 3 non se deben preocupar, xa que mañá xa estará dispoñíbel.
Eu aínda non catei esta demostración, pero se algún dos lectores tivo a sorte, pois invito a que comentedes as vosas opinións sobre esta segunda entrega de Dead Space 2.

E aquí aparece o rumor da semana ou de todo o mes, porque dende a páxina oficial de IGN aparece un usuario anónimo (aparentemente fiábel) que solta a seguinte perla:

“No que respecta a gráficos, a PSP2 é unha “bestia”, acumulando hardware de procesamento suficiente para xerar gráficos comparábeis aos primeiros xogos de PlayStation 3. O procesador, polo que nos dixeron, é algo máis da metade de potente que o de PS3, aínda que a arquitectura específica dos núcleos e a velocidade de reloxo non foi revelada.”

Como vedes,parece que a estratexia que levará Sony coa segunda parte da súa portábel será idéntica á predecesora, é decir, unha potencia moi superior a calquera portábel do mercado. Tamén é certo que nesta xeración a Nintendo DS comeu sen ningunha dúbida á PSP, pero polo menos esperemos que deste xeito non se centren exclusivamente nos casual-gamers.

Por suposto todo son faladurías, contos que viaxan de boca en boca, e o que toca rumorear nesta etapa é que o bo de Nathan Drake podería meterse noutro dos seus problemas no máis abrasador sol do deserto.
Como xa dixen, esta teoría non se basea en nada, pero despois de húmedos escenarios e cobas escuras non estaría mal que Drake cambiase un pouco de escenarios e se enfrontase ás zonas áridas.
Exipto?, estaría ben.
Polo de agora só digo isto para que non pensedes que nos esquecemos deste protagonista que tanto lle gustan os cus das súas compañeiras.
Esperemos que pronto teñamos máis e mellor información.

Co éxito que ten esta saga seguro que xa todos sabiades que máis tarde ou máis cedo, Sam volvería coas súas aventuras.
Pois agora podémolo certificar cun vídeo promocional no que están os traballadores de Ubisoft facendo das súas.
Vale a pena ver o vídeo polo simple feito de ver a guapísima Jade Raymond (responsábel deste proxecto).
Personalmente gustaríame que Sam se adicase á infiltración pura e dura como facía nos primeiros videoxogos, pero polo de agora non se sabe absolutamente nada desta sexta entrega.
Iso si, Ubisoft sacará a triloxía da PS2 remasterizada e en alta definición, polo que se non tivestes a sorte de xogar ás primeiras aventuras de Splinter Cell é o mellor momento.

Imaxe do novo xogo de Bioware

Por: Mércores, 17 de Novembro de 2010, 18:47 COMENTAR

Bioware é o responsábel das dúas entregas de Mass Effect por iso cando escoitei que estaba inmerso nun novo proxecto, aparentemente un shooter, xa me comezou a tremar corazón de forma moi benévola, por suposto.
Non se sabe case nada, máis que a seguinte imaxe, e por suposto non nos amosa absolutamente nada do que será realmente este videoxogo, pero tratándose de Bioware, eu xa espero un pedazo de xogo.

Primeiro tráiler de L.A Noire

Por: Xoves, 11 de Novembro de 2010, 21:36 COMENTAR

Moitos temas abríu en foros,moitas discusións provocou e agora podemos ver o primeiro vídeo do próximo xogo de Rockstar.
L.A Noire quere entrar no mundo das mafias cun título impotente, pero particularmente non me parece un tráiler nada espectacular,nin sequera me chamou a atención o seu apartado técnico.
De feito recórdame aos primemeiros tráilers de Mafia 2, e finalmente acabou tendo unha gráfica simplemente correcto.
Así e todo temos que ter en conta que a compañía que está detrás do L.A Noire é a todopoderosa Rockstar, e creo que é un abal suficientemente grande como para ter fe no videoxogo.
Tempo o tempo.

Pensei que só quedaba eu,pensei que era o último xogador que desfruta máis da campaña individual que do propio multixogador,pero xa teño unha compañía que me apoia neste aspecto:VALVE.
A todos os que damos preferenza aos monoxogadores,estamos vivindo unha etapa escura,xa que hoxe en día os videoxogos céntranse demasiado no seu online,tanto, que moitas veces descoidan apartados na campaña…cousa que me enfada considerábelmente.
Parece ser que as boas narrativas,guións e diversión solitaria non provocan tantas gañancias como queren as empresas.
Pero sítome aliviado ao ver como unha compañía como Valve fai estas declaracións:

Eu creo que o análise de que cada producto necesita ser competitivo nun multixogador, ou un MMO, é incorrecto; hai moita xente que quere vivir unha experiencia sen ese estrés, así que non vexo por qué ten eso que cambiar. Se hai tantos xogadores querendo experiencias para un só xogador, habería que construir sobre eso. Eu creo que hai moitísima xente que aínda o quere así. Mira os Mario, a esos xogos vailles moi ben.

Estamos en perigo de extinción,pero sobrevivimos como podemos.