darksiders_by_shalizeh-d3llwsl

Nordic Games, o estudio que adquiriu recentemente os dereitos de desenvolvemento da licencia tras a bancarrota de THQ, asegura que os próximos títulos da franquicia seguirán mantendo o espírito que sempre caracterizou a saga.

De feito, as seguintes declaracións de Reinhard Pollice no medio Joystic parecen confirmalo:

Hai que saber seleccionar coidadosamente as series que se están a preparar para unha nova secuela ou entrega. Nos queremos dar ós fans aquilo que coñecen do pasado da franquicia e lles gusta, levándoo a un nivel superior. O que ti como xogador esperarías dunha secuela.

No referente a Darksiders:

Falamos dunha serie realmente grande. Sabemos que precisamos un socio para ela. Falamos con vellos membros do equipo [de desenvolvemento] e, se están libres, queremos que se involucren de algunha maneira na nova entrega. Se lles permite porque, como sabedes, algúns deles encontraron outros traballos ou están en Crytek por agora. Non esperaría un Darksiders 3 antes de dous anos.

 

teaser-logo-nordic-games-01

A pouco coñecida compañía Nordic Games, creadora de xogos como Singstar ou Gothic 4 mercou até 150 marcas nas subastas que se fixeron días atrás.

Das cales destacan dous títulos, Darksiders e Red Faction. Agora agarda esperar para ver as súas estratexias.