uncharted 3 2

Así o dixo o actor que vida a Nathan Drake, protagonista da xenial saga Uncharted.

Nolan North, que así se chama, tivo acceso a unha pequena demostración do que será a próxima obra de Naughty Dog para PS4, e recoñece que quedou abraiado.

Vin algo do que están a probar… non recordo que era exactamente, pero estaban facendo algunhas probas con Playstation 4 e non podía crer que iso fose perfectamente xogábel. Quero dicir, é unha tecnoloxía extraordinaria.

Obviamente non falou absolutamente nada deste novo proxecto, aínda que os rumores xa apuntan a que o primeiro xogo de Naugty Dog para PS4 será unha nova entrega de Uncharted.

O que si reiterou Nolan North é que PS4 é unha máquina extraordinariamente potente.

É unha máquina incríbel. Penso que vai ser un salto cualitativo para calquera videoxogo. Ben sexa Uncharted, God of War, Call of Duty… todos estes xogos vanse beneficiar desta nova tecnoloxía.

PS4 vai ser incríbel, e vai levar eses límites incluso máis alá.