nissan-gt-academy
Sony anunciou que o vindeiro martes 2 de xullo estará dispoñible para descargar a versión de proba do Gran Turismo 6 a través da PlayStation Store para PS3.

O trazado británico de Silverstone, que debuta na saga Gran Turismo, é o elixido para esta versión de proba. En canto aos coches, poderemos escoller entre varios modelos da marca xaponesa Nissan, como o Lead, o 370Z ou o GT-R.

Coa chegada da demo, tamén dará comezo a GT Academy 2013, coa que os xogadores compiten por chegar a conducir un coche real no equipo de carreiras de Nissan, como xa fixeron anteriormente Lucas Ordoñez e Jann Mardenborough, que nas pasadas 24 horas de LeMans acadaron a 4ª posición dentro da categoría na que competían, LMP2.

O lanzamento da versión completa está prevista para novembro de 2013. Máis información desta demo no blogue oficial.