Novo tráiler de Luigi´s Mansion 2

Por: Martes, 5 de Marzo de 2013, 12:52 COMENTAR

A menos dun mes de que saia un dos xogos máis esperados para a Nintendo 3DS, chéganos un novo tráiler que nos sigue metendo as ganiñas no corpo.

Wii Mini chegará o 27 de marzo

Por: Mércores, 27 de Febreiro de 2013, 1:01 COMENTAR

Wii-Mini

Nintendo acaba de confirmar que Wii Mini chegará ás nosas tendas o día 27 de marzo.

Como saberedes, Wii Mini é unha versión menor de Wii, con tamaño máis reducido, así como a eliminación do seu online, aínda que isto resólveno baixándolle o prezo, que aínda que non sacaron prenda neste sentido, en Canadá véndese a un prezo de 100€, uns 75€ ao cambio. Farán a conversión de 1€=1$?

A parte disto, Nintendo tamén confirmou que relanzará algúns dos títulos máis populares na súa liña Nintendo Selects, como Super Paper Mario,Mario Party 8 ou Wii Resort.

Wii Mini confirmada oficialmente

Por: Martes, 27 de Novembro de 2012, 17:37 3 COMENTARIOS

Xa facía unha semanas que viñan correndo os rumores de que Nintendo relanzaría unha nova versión da súa consola Nintendo Wii, pois ben, acábase de facer oficial, aínda que curiosamente polo de momento só sairá no territorio Canadiense o próximo 7 de decembro.

Outro dos factores que chaman atención, ademáis do seu rápido lanzamento, será o seu prezo, uns 99,99 dólares que ao cambio serían uns 77 euros, aínda que de chegar aquí case seguro que farían o típico 1€ igual a 1$.

Obviamente Wii Mini terá un tamaño máis reducido aínda que non terá opcións de internet nin retrocompatibilidade cos xogos da Game Cube, pero supoño que non serán factores moi negativos ao ver o seu prezo.

De momento non hai confirmación de chegada ao resto do mundo algo que non me entra na cabeza, pero se o lanzamento sae dese territorio será un reclamo moi bo para todos aqueles que aínda se queren manter nesta xeración.

Ler o resto da entrada »

Escoita con atención

Por: Domingo, 18 de Novembro de 2012, 19:55 COMENTAR

Por todos é ben sabido que os temas musicais en 8 e 16 bits eran en moitas ocasións composicións complexas que ven poderían ser asinadas polo mesmiño Mozart. E sen esaxerar, por grandes compositores do noso tempo. O que está claro é que estas pezas das que falo non son as típicas melodías para “pasa-lo grolo” por parte dos programadores que ben poderían darse tendo en conta o apartado visual dos xogos da época, que era primario e baixo recursos de hardware limitados. A diferenza entre os gráficos e o son era, nos mellores casos, como o do día e a noite. O malo é que esta calidade musical pasaba desapercibida ou máis ben menosprezada. Sen ir máis lonxe, aos mandos dunha NES levando a Mario polo mundo dos cogomelos, escoitabamos unha doce e harmoniosa musiquiña que acompañaba os brincos e as carreiras do fontaneiro pero que quizais non era ben comprendida en toda a súa magnitude, asemellando, se non lle prestabamos atención dabondo, sons “tintineantes” un detrás doutro sen moita complicación. E tampouco é cousa de criticar ao xogador por iso, pero si que merece que deamos outra oportunidade ao concepto que quero transmitir e vexamos un exemplo práctico. Nesta ocasión, preséntovos un vídeo no que un seguidor dos xogos clásicos  interpreta ao teclado as músicas do xogo Ice Climber, un clásico entre clásicos para a NES de Nintendo. Non o tentedes na casa a non ser que dispoñades de horas e horas para ensaiar.

 

Loading?

Por: Martes, 30 de Outubro de 2012, 16:59 COMENTAR

[Vía: Futubandera]

Xa era un rumor que corría polas redes meses atrás, Nintendo relanzará na plataforma dixital da súa 3DS gran parte dos videoxogos que xa están en formato físico nas tendas.

Polo de momento esta nova só foi anunciada para territorio nipón a partires do 1 de novembro, mais todo apunta que mañá no próximo Nintendo Direct (ás 20:00 hora peninsular) se dará a coñecer a todo Europa.

Entre os xogos que serán relanzados atópanse títulos como Ocarina of Time 3D, Super Mario 3D Land ou Mario Kart 7 e na maioría dos casos a un prezo de 4800 yenes (uns 48 euros).

O debate está servido.

New Super Mario Bros U en movemento

Por: Sábado, 15 de Setembro de 2012, 13:27 COMENTAR

Como sempre con cada saída dunha consola de Nintendo, Mario aparece con todo o seu esplendor para ofrecernos un copia e pega de xogos anteriores pero que irremediablemente seguen enganchando cousa enfermiza.

Así sobra dicir nada máis e abonda ver o seguinte tráiler para saber que New Super Mario Bros U gustará.

Este trae debaixo do brazo novidades como minixogos, novos poderes, posibilidade de crear plataformas no aire, etc que gustará a uns e non tanto a outros pero quizais sexa un movemento de Nintendo para saír un pouco do de sempre… ou quizais non.

Nintendo Tipografía

Por: Luns, 20 de Agosto de 2012, 15:27 COMENTAR

[Vía: It8Bit]

Novo tráiler de New Super Mario Bros 2

Por: Venres, 13 de Xullo de 2012, 13:49 COMENTAR

Abondan uns segundos para saber de como será esta segunda entrega de New Super Mario Bros, mellor dito, non se precisaría ver absolutamente nada deste novo título sabendo como foi o seu predecesor porque dende logo será un título idéntico en canto ao desenrolo.

Percorreremos escenarios en 2D collendo as tres moedas de ouro e sorteando todos os obstáculos que nos aparezan polo camiño.

Pero aínda así, abonda con saber que teremos novos escenarios e novas situacións para controlar ao fontaneiro máis famoso e así meternos as ganas no corpo.

Un xogo fermoso de ver e fermoso de xogar, como nos ten acostumado Mario.

Os 10 mellores xogos de Wii

Por: Sábado, 23 de Xuño de 2012, 15:03 5 COMENTARIOS

Seguindo a mesma estela que fixen coas consolas de Sony e Microsoft agora tócalle o turno á famosa Wii de Nintendo. Deste xeito intentarei facer unha selección dos que para min son dez xogos imprescindíbeis desta consola.

Quixera matizar que quizais fose a consola que máis me custou encontrar os dez mellores, xa que Nintendo centrouse case en exclusiva aos casual-gamers e honestamente, os xogos que van dirixidos a este tipo de xogadores nunca chegan sequera ao aprobado.

De todos os xeitos existen xogos moi bos, só hai que saber buscar,aínda que como xa dixen en varias ocasións a calidade dos xogos de Nintendo case na súa totalidade resúmense en dúas palabras, Shigeru Miyamoto.

Comecemos pois co ránking:

Ler o resto da entrada »

Novos ‘remakes’ de Nintendo

Por: Venres, 22 de Xuño de 2012, 16:12 COMENTAR

Se algo caracteriza a Nintendo son as súas varias e exitosas franquías de xogos, como Mario, Zelda, Pokémon, Donkey Kong, Metroid e moitos máis. E se outra cousa caracteriza a Nintendo son os remakes de xogos clásicos. Os Pokémon Verde e Vermello da Game Boy viron de novo a luz na Game Boy Advance, os Pokémon Ouro e Prata fixérono na Nintendo DS, os Zelda: Ocarina of Time e Lylat Wars da Nintendo 64 voltaron renovados na 3DS.

Por iso, os rumores de novos remakes son constantes, e ultimamente véñense escoitando voces a falar dun Zelda: A Link to the past en HD para a 3DS e dun novo F-Zero para a Wii U. Cales son os planos da Nintendo neste aspecto? Aquí están as declaracións do mestre Shigeru Miyamoto:

Particularmente, encontro moito máis interesante crear algo novo baseado no título orixinal: Unha experiencia nova e que sexa diferente do que os xogadores viron anteriormente, mais tendo como punto de partida e base ‘A Link to the past’. Na miña opinión é importante presentar algo novo ao título. Para ser completamente honesto e franco, todos os lanzamentos dese estilo dependen dalgúns elementos, como a dispoñibilidade dos directores no momento adecuado. Algúns directores farían un excelente traballo, outros non teño 100% de confianza. Destes últimos preferiría que fixesen un ‘remake’, é algo que tamén debe ser tomado en conta.”

Eu penso que cando foi lanzado orixinalmente, F-Zero foi unha grande sorpresa para os xogadores, sendo algo novo e completamente diferente de todo que viran. Era un produto sólido, o cal tiña o lanzamento plenamente xustificado. Porén, non vexo ese mesmo escenario coas consolas actuais, esa sorpresa non sería xerada hoxe. Se cadra co futuro das consolas e a chegada da Wii U poderemos ser capaces de crear algo así, mesmo que sexa a través dun xogo un pouco menor e diferente do habitual.

Xogo ZombiU, adiviñades de que vai? (Fonte: http://www.ultimocontinue.com)

Ben sei que todos vós vistes a conferencia de Nintendo desde a nosa web e que seguistes ferventemente os nosos tweets, mais mesmo así vouvos facer aquí un resumo do que foi a conferencia da Nintendo.

Sorpresas, novidades, dispositivos revolucionarios e unha mudanza no futuro dos videoxogos. Iso é, basicamente, o que non vimos nesta conferencia de Nintendo. Non vamos negar que a Wii U está ben e pode ser moi interesante, mais Nintendo non mostrou nada que non esperásemos dela. E máis aínda despois do Nintendo Direct, onde vimos xa todo o que esta nova consola tiña a mostrarnos.

Todo comezou co carismático Shigeru Miyamoto presentando un xogo co que se vía francamente ilusionado, o Pikmin 3. 4 líderes para manexar, o novo tipo de Pikmin, Rock Pikmin(Pikmin Rocha) e un sistema de xogo misturando WiiMote e WiiU GamePad.

A Wii U, como tal, pretende revolucionar o noso salón. Nintendo dixo que a consola era baseada en tres piares: Xogos, social e entretemento. No apartado xogos mostrou 23 novos xogos da Wii U, no apartado social temos o seu xa coñecido Miiverse (que significa Mii Universe) e no apartado entretemento temos Netflix, Youtube, Amazon… servizos de vídeo baixo demanda, vaia. Nada que non esperásemos dela, e realmente nada que non teñan en maior ou menos medida as súas actuais competidoras. Ah! E cada WiiU poderá soportar 2 WiiU GamePads simultaneamente, aínda que non mostraron ningún xogo onde se xogase deste xeito.

Ler o resto da entrada »