zelda-windwaker-hd-wii-u
Para os que vos parece que os xogos de Legend of Zelda son demasiado sinxelos, neste novo tráiler preséntannos o novo “Modo heroe” que elevará a dificultade do xogo, pois recibiremos o dobre de dano cos golpes dos inimigos e non atoparemos corazóns de saúde polo mapa adiante.

Polo que parece, este vídeo filtrouse na rede e aa compañía Nintendo xa conseguíu que o borraran de diversos servidores. Agora mesmo pódese ver na web Daily Motion, pero igual non por moito tempo…

Segundo certa páxina web, haberá un pack da videoconsola Wii U que incluirá este novo videoxogo, por 349.99 dólares. Polo de agora, dende Nintendo non se pronunciaron ao respecto para confirmar ou desmentir esta información.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro.

Nintendo 3DSA consola máis vendida no Xapón continua sendo a 3DS de Nintendo, superando esta semana os 12 millóns de unidades vendidas dende o seu lanzamento. Estes son os datos do reso de consolas:

3DS:(total de ano: 2.268.364;dende lanzamento 12.048.244).
PlayStation Vita:(646.303; 1.777.128)
PlayStation 3:(544.964; 9.405.048)
Wii U:(409.092; 1.036.379)
PSP:(333.055; 19.962.066)
Wii:(53.121; 12.691.957)
Xbox 360:(17.285; 1.631.119)

shigeru-miyamoto

Sobran as presentacións para Shigeru Miyamoto, creador de Mario, Zelda ou Donkey Kong, está a preparar un novo videoxogo o que conleva que todos estemos ás expectativas por cada pinga de información que nos comparta.

Polo de momento sabemos que será unha IP completamente nova (estaremos ante o principio doutra saga clásica de Nintendo?) e polo que comentou o propio autor:

Atópome cada vez máis ocupado con este novo videoxogo

Podemos intuír que o título está nunha fase de desenvolvemento avanzada para poder presentalo nun futuro próximo.

Agardaremos ese momento, porque o principal corazón de Nintendo está de volta cun título completamente novo, calquera cousa pode ocorrer.

call-of-duty-ghosts
A pesar dos rumores que apuntaban que a compañía Activision deixaría de lado a videoconsola de Nintendo, debido ás malas cifras de vendas da mesma, anunciaron o lanzamento de 6 novos títulos para a Wii U, entre s que figuran o «Call of Duty: Ghosts», «Skylanders SWAP Force», «Angry Birds Trilogy» e «Angry Birds Star Wars», entre outros.

Desta lista, chama especialmente a atención o FPS «Call of Duty: Ghosts», que xa confirmaron que incluirá soporte para o Wii Remote, así como para a pantalla secundaria do mando da Wii U.

O CEO de Activision Publishing, Eric Hirshberg declarou:

“Como xa dixemos anteriormente, estamos comprometidos a facer todo o que poidamos para apoiar á Wii U, que é polo que estamos tan animados para traer a esta plataforma algunhas das franquías de entretemento máis populares do mundo este mesmo ano.

A franquía Call of Duty continua sendo unha das máis potentes no mundo dos videoxogos e Skylanders segue a encantar aos novos fans ao redor do mundo. Os nosos estudos traballaron duramente creando novas experiencias inmersivas perfectamente adecuadas á plataforma Wii U e a nosa liña de lanzamentos de outono ten un pouco para todo o mundo.”

Por fin parecen chegar algunhas boas novas para a videoconsola de Nintendo, sobre todo, despois de que en maio Electronic Arts lle dera as costas anunciando que non lanzarían moitos dos seus títulos nesa plataforma, como o FIFA 14 ou o Madden NFL 25, entre outros.

nintendo-new-logo

Nintendo, esa gran compañía de videoxogos está a celebrar o trinta aniversario do lanzamento da xa clásica Nintendo NES, e a pesar dos anos aínda está no mercado actual sacando novas plataformas.

Mais con todo isto, todo parece indicar que coa súa Wii U non está a ter o éxito que tivo a súa predecesora, aínda que para soltar un lampexo de luz acerca do tema, o presidente de Nintendo, Satoru Iwata, foi moi claro nas súas palabras:

Con trinta anos no negocio dos videoxogos, non creo que estemos sufrindo.

Comprendo que Nintendo ten o suficiente poder como para afrontar etapas de “vacas fracas”, mais canto tempo poden soster esta situación? Remataralle reultando exitosa a súa estratexia de centrarse unicamente nas súas sagas e na súa consola sabendo que diversas desenvolvedores xa lle deron as costas?

zombiu
Despois dos malos resultados económicos colleitados pola exclusiva de Wii U, «ZombiU», non entra dentro dos plans da compañía crear unha nova entrega.

O mal rendemento do xogo na videoconsola da Nintendo tamén foi un dos factores que levou a cambiar o Rayman Legends dunha exclusiva a multiplataforma.

Yves Guillemot, CEO da compañía dixo recentemente:

“Debemos atopar a maneira de asegurar que a creatividade deses xogos poida chegar á maior audiencia posible.

“Agardamos que despegue. Polo momento, nós dixemos ‘imos facer ata o Nadal e ver onde estamos entón.'”

Pola súa banda, o CEO de Electronic Arts, Peter Moore tamén explicou os motivos do pouco soporte da súa compañía á Wii U.

“Estabamos con eles no seu lanzamento con catro xogos. Fou unha decepción cando ves as cifras de vendas e, como compañía, temos que ser moi prudentes onde investimos os nosos recursos.

“A falta de compromiso co online na Wii U é preocupante. É tan esencial para o que facemos e son tan poucos que non paga a pena facer funcionar os servidores. Parece unha caixa que non está en sincronía co futuro de EA, que é o que da a sensación de relación social aos nosos xogos. A Wii U parece máis unha experiencia offline agora mesmo.”

Corren malos tempos para a videoconsola de Nintendo, que parece que entrou nin círculo de autodestrución: non consegue vender consolas porque os creadores apenas fan xogos para ela e os creadores non fan xogos porque apenas se venden consolas. O peixe que se morde a cola, que se soe dicir…

michael-pachter

O polémico analista do grupo de Wedbush Morgan Securities, Michael Pachter, famoso polas actuais críticas á compañía Nintendo volve cargar contra ela dicindo que a súa consola Wii U non se pode comparar ao resto que hai no mercado:

Penso que Nintendo está na parte de abaixo dunha gran montaña, unha montaña cunha enorme costa arriba. Nintendo agardou dous anos de máis para lanzar un sistema competitivo á Xbox 360 e Playstation 3.

No momento que lanzaron Wii, que nun principio funcionou moi ben, os outros sobrepasárona.

Creo que nesta ocasión Nintendo quedará de terceira a moita distancia.

Estará no certo Pachter? Polo de momento parece que a consola de sobremesa de Nintendo non está a ter demasiado éxito, mais recordemos que Nintendo é experta en atraer a atención dos “casual gamers”.

Vós que opinades?

Charlie Scibetta

Charlie Scibetta

A pesar do éxito que tiveron as consolas de Nintendo como Nintendo Wii ou Nintendo DS, non son poucas veces que se lle pide a esta compañía que saque videoxogos para outras consolas e que se pase directamente ao mundo das third-parties.

Pero Nintendo segue convencida que a súa estratexia é fundamental para as súas máquinas, e o director de relacións corporativas, Charlie Scibetta, falou sobre este tema:

Os sistemas de Nintendo son os mellores en canto ao hardware, e o software funcionan en perfecta harmonía. Este é o motivo polo que seguimos no negocio do hardware, porque cremos que o hardware é a mellor maneira de darlle vida ao software.

As máquinas que facemos están perfectamente afinadas para estas experiencias xogábeis. Cando Mario salta de fungo en fungo, todo ten unha resposta tan exacta porque o software foi creado especificamente para este hardware.

Así que polo que podedes ver podémonos esquecer de ver títulos de Nintendo noutras plataformas.

A vós que vos parece esta decisión?

zelda_wallpaper___wiiu_demo___by_andrelevydeoliveira-d47yiws

Aínda que no presente E3 non se amosou material audiovisual do novo Zelda para Wii U, o produtor da lexendaria serie de Nintendo, Eiji Aonuma, declarou durante o evento que a demo técnica que pudimos contemplar no ano pasado non se relaciona co novo proxecto, se non que están a estudar novas técnicas gráficas.

Polo tanto, nin o estilo visual caricaturesco que coñeciamos co Zelda Wind Waker nin ó fantástico épico das dúas últimas entregas serán a base para a derradeira aventura de Link.

Non obstante, prometen deixarnos abrumados co desenvolvemento dun motor gráfico completamente novo feito especificamente para o xogo que ensinará ó mundo algo nunca antes visto nin experimentado con anterioridade.

Eiji tamén estivo a falar de que este Zelda será o primeiro en recibir contenidos descargables post-venta que alongará ainda máis a profunda experiencia do programa, sempre e cando o xogo así o precise e sexa completamente necesario.

Zelda para Wii U non ten data de lanzamento e o seu estado de desenvolvemento é ainda moi prematuro, polo que  estase a supoñer que non o veremos ata ben entrados no 2014.

A próxima xeración

Por: Venres, 24 de Maio de 2013, 16:00 COMENTAR

proxima-xeracion

Explicación das estratexias para a próxima xeración das grandes compañías cunha simple animación

Vía | Imgur.com

Nintengers

Por: Venres, 24 de Maio de 2013, 9:00 COMENTAR

nintengers

Os verdadeiros vingadores

Vía | Imgur.com

EA-WIi-U

Xa falamos noutras ocasións que a nova consola de sobremesa de Nintendo está perdendo o apoio de múltiples compañías á hora de lanzar videoxogos para esta.

Agora é o turno de EA, unha das compañías máis importantes no ámbito, a cal dixo que polo de momento non ten preparado sacar absolutamente ningún xogo para a Wii U.Cero xogos.

EA xa se mostrara contraria a esta consola dicindo que o seu motor Frostbite non collía na Wii U, mais de isto a non sacar absolutamente ningún videoxogo hai un paso xigante, un paso que debería preocupar a Nintendo.

Só queda pensar cal foi o motivo que empurrou a EA tomar esta decisión, mais divagacións á parte, Nintendo queda sen o apoio dunha das compañías máis fructíferas do panorama videoxoguil.