O Nintendomicón

Por: Martes, 22 de Outubro de 2013, 12:04 COMENTAR

nintendonomicon

A Biblia dos nintendeiros.

Vía | Dorkly

Nintendo deixa de fabricar a Nintendo Wii

Por: Luns, 21 de Outubro de 2013, 17:53 COMENTAR

nintendo-wii

Xa é oficial, Nintendo deixa de fabricar a partires de xa unha das videoconsolas máis exitosas da historia, a Nintendo Wii deixa de estar entre nós.

Mais déixanos cunhas cifras que xa lles gustaría a tantas, a pesar das duras críticas que tivo Nintendo por centrar esta consola nos “casual gamers” (eu sigo criticando isto), a consola vendeu un total de 100,4 millóns de Wiis, cifras verdadeiramente escandalosas.

Agora queda saber se a súa irmá “tuenada” Wii U conseguirá rematar con éxito desta, mais polo de momento parece que lle vai custar…

Pero quedémonos co bo, porque aínda que non moitos, Nintendo Wii tivo xogazos, aquí tedes un ránking cos mellores.

super mario 3d world

Miyamoto, esa persoa que mantén a Nintendo a flote, fixo unhas declaracións sobre o que será o seu próximo proxecto, o Super Mario 3D World para Wii U.

Como saberedes, existen varias clases de persoas amantes dos xogos de Mario, os que prefiren as 3D e os que prefiren as 2D, pois ben, Shigeru Miyamoto amosouse positivo no seu último traballo e asegurou que está pensado para gustar a ambos bandos:

Cos xogos de Mario tes os títulos en 2D de desprazamento lateral, e os xogos como Mario Galaxy, que son en 3D. A xente tende a preferir un deles por enriba do outro.

O que intentamos facer con Super Mario 3D Land de Nintendo EDS e o que estamos tratando de facer con Super Mario ED World de Wii U é crear un tipo de Mario tridimensional a medio camiño entre ambos estilos.

Isto intentámolo realizar mediante o tipo de control, de tal xeito que permita a ambos xogadores desfrutar de verdade con este Mario.

Aínda sendo fan incondicional de Mario, non credes que se está sobrexplotando demasiado a saga con xogos que poderían dar moito máis de si? Porque dende logo sacan tantos Marios que xa non chama a atención a ninguén, cousa que por outro lado non estraña sendo case todos semi-clónicos.

De todos os xeitos Super Mario 3D World sairá o 29 de novembro.

masahiro-sakurai

Masahiro Sukarai, creador de títulos como Kid Ícarus ou Super Smash Bros, amosou hoxe a súa preocupación polas cantidades inxentes de remakes e explotación de franquicia que existe no mundo dos videoxogos.

Hai unha industria que se volque tanto en reusar e reusar os antigos títulos como a do videoxogo?

Comparado con outros medios como o cine, a animación, a literatura e os cómics, a explotación de franquicias e a cantidade de remakes non está a niveis naturais.

E rematou aclarando:

Os bos xogos atraen aos fans, e se tes fans tes unha vantaxe. Tes que tratar de empregar iso para facer un videoxogo máis grande, mais iso non significa que estea ben renunciar á innovación.

Os xogos populares e ben feitos merecen loubanza, mais os títulos que teñen algún tipo de elemento creativo tamén necesitan ser loubados.

Fai tempo que non escoito palabras tan certas. Non sobra ningunha das letras que mencionou.

pack wii u

Está claro que as consolas que van estar no punto de mira dos xogadores para este Nadal van ser a PS4 e a Xbox One, mais para facernos saber que Nintendo aínda está no mercado, a compañía xaponesa anunciou que lanzará tres packs na campaña navideña para intentar facer despegar a súa consola.

O primeiro que será lanzado chamarase pack Premium de Mario & Luigi, que sairá o 8 de novembro e inclue a consola negra cunha memoria interna de 32 GB e un disco con dous xogos: New Super Mario Bros e New Super Luigi U.

O 15 de novembro sairá á venta un pack máis básico que traerá consigo a Wii U cunha memoria interna de 8 GB, o Wii U Gamepad e o mando de Wii plus, a barra sensora de movemento e os xogos Wii Party U e Nintendo Land.

Por último lanzarase un pack básico de Wii U con Just Dance 2014 e Nintendo Land, que sairá o 22 de novembro.

bravely-default-flying-fairy
O título creado por Square Enix para a Nintendo 3DS chegará ao mercado europeo o vindeiro 6 de decembro.

Este RPG de estilo xaponés conta cun sistema de combate por turnos tan coñecido nos títulos de Square Enix, como os da saga Final Fantasy, e aproveitará as funcionalidades de realidade aumentada da videoconsola portátil de Nintendo.

O título orixinal chegou ao mercado xaponés en outubro de 2012 baixo o título Bravely Default: Flying Fairy. O vindeiro 9 de decembro chegará ao mercado nipón unha nova versión denominada Bravely Default: For the Sequel, que conta con certas melloras no sistema de combate con respecto á versión orixinal. A versión que chegará ao mercado europeo estará baseado nesta última.

Nintendo deixará de producir a Wii

Por: Mércores, 2 de Outubro de 2013, 14:00 COMENTAR

nintendo-wii
Despois de case 7 anos dende o seu lanzamento en 2006 e máis de 100 millóns de unidades vendidas despois, parece que a compañía Nintendo deixará de fabricar a súa exitosa videoconsola Wii próximamente.

Na súa páxina no Xapón, aparece ao seu carón “”, que traducido, ven a significar que está programado deixar a produción pronto.

Aínda se descoñece se tamén afectará á produción da Wii Mini que lanzaron en marzo deste mesmo ano.

Nebulosa NES

Por: Mércores, 18 de Setembro de 2013, 13:08 1 COMENTARIO

nebulosa NES

Porque unha imaxe, vale máis que mil palabras

A pesar de ter máis de 20 anos, no Mario Paint Composer aínda se poden facer moitas cousas.

Creado por | jeonghoon95

bethesda-no-wii-u-plans

Pete Hines, vicepresidente de márketing de Bethesda Softworks amosouse moi claro ao buscar responsábeis pola falta de apoio de terceiras compañías que está a sufrir a Wii U, para Pete Hines a culpábel é a propia Nintendo por non fomentar as relacións coas desenvolvedoras antes de sacar á consola ao mercado.

O momento de convencer aos editores e desenvolvedores para que apoien á Wii U pasou fai moito tempo. A consola xa está á venta.

Tamén aclarou que Microsoft e Sony si consultaron aos estudos de desenvolvemento antes de lanzar a súa consola para saber as opinións e así contrastalas cos datos iniciais.

Non é que recibamos sempre as respostas que queremos cando nos reunimos coa xente de Sony e Microsoft. Mais involucráronnos no proceso de creación das súas consolas dende moi pronto.

Dixéronnos, ” isto é o que estamos facendo, isto é o que planeamos e así cremos que funcionará” e ao mesmo tempo escoitaron as nosas opinións e a dos equipos técnicos.

Pouco despois volve reincidir no erro cometido por Nintendo de deixar a todas as desenvolvedoras a un lado, deixando moi claro que non está interesada en absoluto na Wii U.

Se vas a dicir, ” estamos facendo esta consola, así é como funciona e ti deberías facer xogos”… pois non. A miña resposta é non.

Vou centrarme nas que ofrecen maior apoio. Tes que falar coas desenvolvedoras antes de facer a consola, cando estás deseñándoa e pensando como funcionará.

Hideki-Kamiya

Hideki Kamiya, creador entre outros xogos de Devil May Cry, Viewtiful Joe, Okami ou Bayonetta realizou unhas declaracións na que menciona que estaría interesado en realizar un par de Spin-Offs, un de Bayonetta para Nintendo 3DS e outra de Okami.

Dous xogazos, na que con relación a Bayonetta agardamos a súa continuación con certo temor, polo que as palabras do xenio xaponés agora pertencente á desenvolvedora Platinum Games, soan con máis gratitude.

Se tivese a oportunidade, gustaríame realizar un xogo baseado en Jeanne, de Bayonetta. Algo que non sexa dunha escala tan grande, algo que sexa portábel, que poidas xogar en sesións rápidas donde ela é unha profesora de historia, coas cousas divertidas que poderían saír dunha situación como esta.

Tampouco faltaron as palabras para Okami:

Se puidese saír coa miña, tamén me gustaría sacar un spin-off de Okami, menos centrado na idea grandiosa de salvar o mundo, como o mundo máis pequeno das fadas de Issun.

Deixemos un tempo de reflexión para que as ideas de Kamiya se convertan en proxectos claros, porque todo que toca esta persoa resulta como mínimo interesante.

Nintendo 2DS, a «3DS económica»

Por: Xoves, 29 de Agosto de 2013, 9:00 2 COMENTARIOS

nintendo-2ds
A compañía Nintendo acaba de anunciar o seu novo modelo de videoconsola portátil, a Nintendo 2DS.

Este novo redeseño, permitirá aos xogadores desfrutar de todo o catálogo da DS e 3DS, só en dúas dimensións, iso si. Polo demáis, seguirá tendo as demáis características da 3DS: dobre pantalla, conexión inalámbrica e pantalla táctil. Incluirá tamén unha tarxeta de memoria de 4GB e un punteiro como o da 3DS XL.

Unha das pegas que se poden apreciar cun primeiro vistazo é que, a diferenza dos modelos anteriores, non se pode pregar á metade cando non xoguemos, ocupando así moito máis espazo e deixando desprotexidas as pantallas ante posibles danos por accidentes.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 12 de outubro.