Análise de DMC (Devil May Cry)

Por: Xoves, 7 de Febreiro de 2013, 17:32 1 COMENTARIO

Recordo perfectamente a cara que me quedou cando vin a primeira imaxe que amosou Ninja Theory sobre o novo look de Dante. Botei as mans á cabeza, así como unha inmensa maioría de fans desta saga que non comprendían o por que deste cambio, máis Ninja Theory tíñao moi claro.

Querían un reinicio da saga, un reboot diferente ao visto anteriormente pero que mantivese a súa esencia e diversión, así, facendo caso omiso ás opinións negativas dos fans da saga seguiron adiante co proxecto.

Con que resultado? Seguide lendo.

Ler o resto da entrada »

Ao redor deste mundo de píxeles existen historias verdadeiramente curiosas, pero a que presento está entre as máis curiosas que teño ouvido.

Como saberedes, a polémica sobre este reinicio da saga Devil May Cry por parte de Ninja Theory aínda está á orde do día. Tanto, que un grupo de seguidores acérrimos está a levar a cabo unha petición pola internet para que o presidente dos EUA, Barack Obama, retire DMC das tendas.

“Nós, como fans e consumidores, non precisabamos este reinicio da saga e cremos que viola os nosos dereitos a elixir entre o orixinal e este”

“Mudou tanto que realmente insulta os consumidores”

Estas son algunhas das opinións deste movemento que pon a Obama ante a súa primeira gran crise do seu segundo mandato…

Brincadeiras á parte, estades molestos co novo look de Dante? Estades conformes con este reinicio? Que opinión tedes?

En Memoria Pixelada habermos de falar del en breve.

Data de saída de DMC (Devil May Cry)

Por: Martes, 22 de Maio de 2012, 14:12 COMENTAR

O título que está a desenvolver Ninja Theory acaba de anunciar o seu día de lanzamento, así, a nova entrega de Devil May Cry chegará a todas as tendas europeas o 15 de xaneiro de 2013 para Xbox 360 e PS3.

O xogo estará traducido e dobrado, ademais tamén acabará saindo para PC, aínda que teremos que esperar un pouco máis.

Como novidades presentaron a un novo personaxe, unha rapaza chamada Kat que nos guiará polo Limbo.

Novo gameplay de DMC, Dante “escapa”

Por: Venres, 9 de Decembro de 2011, 14:39 COMENTAR

Moito lle queda a Ninja Theory por demostrar a súa valía ante este panorama. Pero o certo é que Enslave gustoume o suficiente para darlle unha oportunidade, aínda que como dixen anteriormente, por que comezan a experimentar coa saga Devil May Cry?

Seino, son un purista desta saga, quedei encandilado coa primeira parte, coa chulería do protagonista, coa dificultade, coa diversión, co plantexamento, con todo… e despois dunhas dignas continuacións (si, a segunda entrega paréceme moi digna) non sei se quero ver este cambio de DMC.

Agora xa é demasiado tarde para queixarme e o tren está avanzando cara min, nas mans de Ninja Theory está que consega saír da vía ou que o tren me pille con todo o peso.

A propósito, déixovos o novo vídeo deste título no que Dante escapa dunha pequena zona. Supoño que será para gustos.

Cando vimos aquel primeiro tráiler de DMC (o próximo Devil May Cry) a cara de sorpresa foi unánime para todos os xogadores.

Nin cinco minutos pasaron para que a polémica estivese servida, uns reinvindicando a volta do Dante de toda a vida (neste grupo é onde me atopo eu) e outra parte apoiando a esta innovación.

De todos os xeitos, Ninja Theory, os seus creadores quixeron dar explicación a este cambio de apariencia, e a resposta foi unha das máis trilladas e empregadas dende fai anos, que este novo Dante non será o que manexamos nos primeiros videoxogos, senón que estamos nunha realidade paralela…tócate os collóns.

Paréceme absurda esta explicación, absurda e doada para lavarse as mans ante unha decisión que non sei até que punto foi acertada.

Só faltaría que nos dixeran que todo este xogo sería un soño do Dante de verdade, só faltaría isto…

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=yh69XfxN3XU

Gameplay do “Devil May Cry”

Por: Mércores, 24 de Agosto de 2011, 14:09 COMENTAR
Buscade as 7 diferenzas

Buscade as 7 diferenzas

Que si, que a mudanza de look de Dante non ten porque intimidar á diversión, mais eu cada vez que volvo ver un novo tráiler do próximo Devil May Cry xa non o vexo cos mesmo ollos.

Continuamos a ver un título de acción puro e duro, mais esqueceron a chularía do Dante, os comentarios satíricos, o humor negro con que trataba as situacións, a parsimonia que emitía nos seus diálogos…

Certo que cando se transformar o seu cabelo vira branco e a súa capa vermella, mais que queredes que vos diga? Xa non é o mesmo. E fálavos un seguidor acérrimo da saga, un xogador que viviu todas as súas aventuras (con recordo especial da primeira parte, sen dúbida), un xogador que viu sempre no Dante un protagonista a seguir polo resto de videoxogos. E xustamente van e altérano.

En fin, esperemos que a diversión aumente desmesuradamente e rexorda por todos os lados, mais teño medo de que o Ninja Theory faga un hack’n slash fique repetitivo e sen alicientes.

Pesimista? Si. Con fe? Non. Con esperanzas? Poucas. Exaxerando a situación? Pode ser.

Desde aquí digo a todos os lectores: Oxalá teña que tragar todas estas palabras sen sal e con tabasco, oxalá…

http://www.youtube.com/watch?v=2mJHmf2ARUs

ensalved 3

Dende o primeiro tráiler que vín de Ensalved xa quedei con ganas de máis, o por qué?, pois tanto polo colorido apartado técnico, como polo desenrolo plataformeiro que tanto me gustan, pois agora xa o rematei e podo falar con toda seguridade do que me supuxo.

Comezarei falando da historia, que nos sitúa nun mundo arrasado e dominado polos mecas (seres robóticos que nos poñerán as cousas difíciles), e poñerémonos na pel de Monkey, un humano con cualidades acrobáticas que por azar do destino verase obrigado a cooperar cunha muller se quere saír vivo daquela situación. Así, recorreremos uns coloridos paisaxes e escenarios sorteando plataformas e pequenos puzles, que en máis dunha vez poderanos recordar ao Príncipe de Persia, pero a isto debemos aumentar que se morre Trip, que así se chama a nosa compañeira de viaxe, nós tamén morremos por unha diadema que nos colocou, polo que debemos protexela en todo momento de todos os inimigos que nos atopamos no camiño. Pero non só isto, se non que a cooperación entre os dous tamén se verá reflexado en detalles como axudar a Trip a sortear grandes saltos,levala ao cabaliño en diferentes lugares,chamar a atención dos mecas para que ela poida avanzar, etc.

ensalved

Pero Monkey non só deberá realizar saltos e escaladas, xa que terá múltiples cualidades que lle verán moi ben na súa aventura, xa que el terá no seu poder un bastón o cal utilizará para defenderse dos mecas. O dito bastón tamén terá a capacidade de realizar disparos de plasma, así que se unimos técnicas corpo a corpo e a longa distancia teremos unha convinación moi entretida. Tamén é verdade que as técnicas corpo a corpo son moito máis espectaculares que as de disparar, e ademáis podemos mellorar todas as nosas técnicas recollendo orbes de poder que están repartidas por todo o escenario. Pero Monkey tamén ten no seu poder unha especie de nube que lle permite moverse a gran velocidade en determinadas zonas, pero aínda que isto é unha característica moi divertida no título, esta nube só se pode usar nun par de fases polo que da a sensación de que se desaproveitou moitisimo este factor, unha pena, xa que é un detalle que pode dar moito xogo, se non que llo digan á segunda parte de Jak & Daxter co seu monopatín.

Ata aquí xa vedes, a diversión está patente en todo momento, sobre todo se sodes seguidores dos xogos de plataformas, que na gran maioría do título é o que nos adicamos.

ensalved 2

Porén, o título é completamente lineal, e aínda que a disposición dos escenarios non fai evidente esta apartado, quizáis Ninja Theory podería reclinarse un chisco máis por mundos máis abertos e menos limitados, porque isto que supón, pois que o título se pase en sete ou oito horas, que vos pasarán rapidísimo porque Ensalved engancha, e como xa dixen, se sodes fans das plataformas,engancha moito.

E isto ven estreitamente ligado ao apartado técnico, que loce un colorido impresionante e uns escenarios bastante cheos de cousas, aínda que se alonxamos a vista vemos uns fondos simples e baleiros. A representación dos protagonistas esta moi ben realizada,pero o título ten fallos de popping en determinadas ocasións que aínda que non enterrompen a diversión do xogo poderíano ter solucionado.

Rematarei falando do seu control que está á altura do bo xogo que é, pero atópolle un gran fallo, e non é outro que os saltos están todos predeterminados, é decir, se etás escalando unha torre abonda con darlle o stick cara arriba e ao botón de salto para que o propio protagonista salte xusto onde ten que saltar, detalle que lle resta emoción, xa que isto conleva a que nunca caeremos mentres realicemos ditas plataformas.

Pero aínda así estamos ante un gran xogo e moi recomendábel para todos os que desfrutamos das plataformas, un título con escenas espectaculares, cun argumento que mestura a traxedia co humor e que divirte dende o primeiro segundo. Como me gustan estos títulos que chegan sen facer moito ruído e acaban sendo xogos divertidísimos.

Tráiler de Devil May Cry 5

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010, 15:37 COMENTAR

Dante novo

Así foi, polo de agora o Tokyo Game Show leva máis sorpresas que todo o E3 e unha das que máis se estaba pedindo era a volta de Dante, e volveu, pero señores, como volve?, é certo que se comentaba que ía da man de Ninja Theory e que Dante tería un aspecto moi renovado, e ambas cousas son certas porque o protagonista por moito que se faga chamar Dante, de este non ten nin un pelo, nunca mellor dito.

Eu se non o vexo non o creo,así que xuzgade por vós mesmos:

A chulería segue consigo ( aínda que non chega á carisma que tiña nos primeiros capítulos, concrétamente non primeiro xogo) e a banda sonora “metal” promete frenetismo, pero,  isto é un Devil May Cry?,supoño que será un precuela de toda a historia porque este Dante parace un colexial.

A min non me convence demasiado (por non decir nada), e iso que non entro no apartado gráfico que non chama nada a atención.

Buff, que mal quedei despois de ver isto, que mal quedei.