As novas das portábeis están acaparando toda a rede, e Sony, dende que presentou a súa PSP 2 non deixa de deleitarnos con vídeos demostrativos da súa consola.

Nesta volta volve deixar patente que a potencia de NGP apunta moi alto, e amósannos grandes títulos como Killzone (espectacular), Resistance, Little Big Planet ou o xa máis que esperado Uncharted.

Este vídeo tamén serve para que vexamos parte da súa xogabilidade, como o recoñecemento da posición da consola ou a súa pantalla táctil, pero moito me temo que estas dúas características quedarán a un segundo plano se o resto da xogabilidade é precisa, e non como acontece coa actual PSP.

E todo isto está moi ben, pero cando unha data concreta e un prezo?, moitos intúen que estará entre os 250€ e 300€, pero eu conto que sexa algo máis cara…espero que me equivoque.