nextcargame
A empresa, creadora dos títulos FlatOut e Ridge Racer Unbounded, publicou un tráiler dun novo videoxogo de coches estilo demolition derby.

“Estamos volvendo ás nosas raíces para facer este videoxogo, reinterpretando o que inicialmente nos excitou cando estabamos creando o FlatOut. É unha competición de contacto total con coches creados para chocar.”, dixo a empresa nun comunicado. “Estamos levando as carreiras de destrución a un nivel nunca visto anteriormente.”

Titulado polo de agora baixo o nome “Next car game”, este novo videoxogo estará dispoñible en PC e videoconsolas de nova xeración. Segundo BugBear, había unha gran demanda por parte dos fans dun videoxogo de destrucción e agora, grazas aos avances tecnolóxicos, é posible. “Queremos facerche sentir a carnicería.”

Máis novas na Páxina oficial.