Sonya Belousova, que así se chama esta pianista, compositora e artista con maiúsculas, recrea músicas clásicas de xogos da Nintendo no piano de ouvido, só despois de escoitar a melodía un anaco. Abraiante.
Canal | PlayerPiano
Sonya Belousova, que así se chama esta pianista, compositora e artista con maiúsculas, recrea músicas clásicas de xogos da Nintendo no piano de ouvido, só despois de escoitar a melodía un anaco. Abraiante.
Canal | PlayerPiano
Os xogos actuais son moooito máis fáciles que os de antes. Entón, como reaccionarán os adolescentes de hoxe a un dos xogos máis desafiantes da Nintendo?
Canal | REACT
Se pensabamos que o Retrode era a útima opción para xogar cos nosos cartuchos de 16 bits, a compañía Hyperkin quere demostrarnos que estabamos equivocados, e rizan o rizo sacando ao mercado a multiconsola RetroN 5, unha nova consola que fusionará os sistemas de catro plataformas clásicas: Nes, Super Nes, Mega Drive e Game Boy Advance (tamén Game Boy e Game Boy Color) e engadindo ao software o adaptador Sega Power Base Converter tamén se poderá facer uso dos cartuchos de Master System. RetroN 5 é a sucesora de RetroN 3, que saía en 2010 sendo compatible cos tres primeiros sistemas antes indicados.
Nestas datas debe facer coma uns 20 anos que conseguín que me mercaran unha Sega Mega Drive, e con ela chegou un arrinconamento da consola da man da cal entrei neste mundiño, a Sega Master System. Certo é que tal inxustiza non a cometín eu so, e o esquecemento e o non recoñecemento a este sistema é eiva común en boa parte da comunidade gamer, ben polo tempo pasado, ben porque érades moi novos para xogar a esto a finais dos 80, principios dos 90 😉
Unha solución retro para manter a raia eses pesados compañeiros de traballo… Se queres construír o teu propio, tes aquí todos os ficheiros necesarios.
Vía | Geeks are Sexy
Por todos é ben sabido que os temas musicais en 8 e 16 bits eran en moitas ocasións composicións complexas que ven poderían ser asinadas polo mesmiño Mozart. E sen esaxerar, por grandes compositores do noso tempo. O que está claro é que estas pezas das que falo non son as típicas melodías para “pasa-lo grolo” por parte dos programadores que ben poderían darse tendo en conta o apartado visual dos xogos da época, que era primario e baixo recursos de hardware limitados. A diferenza entre os gráficos e o son era, nos mellores casos, como o do día e a noite. O malo é que esta calidade musical pasaba desapercibida ou máis ben menosprezada. Sen ir máis lonxe, aos mandos dunha NES levando a Mario polo mundo dos cogomelos, escoitabamos unha doce e harmoniosa musiquiña que acompañaba os brincos e as carreiras do fontaneiro pero que quizais non era ben comprendida en toda a súa magnitude, asemellando, se non lle prestabamos atención dabondo, sons “tintineantes” un detrás doutro sen moita complicación. E tampouco é cousa de criticar ao xogador por iso, pero si que merece que deamos outra oportunidade ao concepto que quero transmitir e vexamos un exemplo práctico. Nesta ocasión, preséntovos un vídeo no que un seguidor dos xogos clásicos interpreta ao teclado as músicas do xogo Ice Climber, un clásico entre clásicos para a NES de Nintendo. Non o tentedes na casa a non ser que dispoñades de horas e horas para ensaiar.
[Vía: It8Bit]
[Vía: Anaitgames]
(Vía: Puramierda)
(Vía: rampagedreality)
(Vía: Koldun)