Que alegría levamos todos aqueles fans dos videoxogos (en especial os amantes do Uncharted) ao sabermos que o filme de Uncharted quedara sen director, verdade? Pois esquecédeo porque parece que pretenden sacar a versión cinematográfica do videoxogo sexa como for. Acáballe de saír un novo director, concretamente Neil Burguer, que a propósito, (Oh, meu Deus! Oh my God!) xogou ao mencionado videoxogo.

E nós, esperanzados e ilusos xogadores, despois de escoitar as palabras deste director en que dicía que o propio xogo ten momentos moi bos para plasmar no cinema e que por iso pretende realizar o proxecto desde cero (á papeleira toda a trapallada feita anteriormente); e vendo que na súa carreira dirixiu filmes da altura de The Illusionist (‘O ilusionista’), podemos crer que estaremos ante un filme á altura do videoxogo?

Eu non vou pór a man no lume, de feito non vou pór nin un dedo enriba dun misto.