Criterion presentará o seu novo proxecto no E3

Por: Martes, 28 de Xaneiro de 2014, 16:22 COMENTAR

need for speed most wanted

Criterion Games, famosa por elevar a velocidade ao máximo esplendor coa saga Burnout fixo uhas declaracións sobre como será o seu próximo títulos:

Cambiamos moito. Cando somos adultos, encollemos, cambiando a forma. Novas persoas entran e outras antigas vanse. Iso é algo propio da natureza do negocio. Non se pode estar quieto en absoluto, non creo que se poida xamais. Iso é sen dúbida un gran foco para nós: sempre cambiar, adaptarse e innovar.

Fixemos Need for Speed: Hot Pursit xusto despois de Burnout: Paradise. Despois fixemos Need for Speed: Most Wanted. Entón dímonos conta que queriamos facer algo novo.

Encantaríame ofrecer o lado máis aberto do noso equipo, mais simplemente agora non é o momento adecuado. Cando chegue o momento, vamos a ser moito máis abertos do que fomos durante os últimos anos. Encántame que xa estea cerca o E3 para dar a coñecer máis. É unha pena que non poida dicir moito máis.

Toca agardar até o E3 que se celebrará durante os días 10, 11 e 12 de xuño, para ver se van innovar algo ou seguiremos vendo xogos de calidade, pero moi similares.

Novos vídeos do filme «Need for Speed»

Por: Xoves, 9 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

nfs-poster0

A pouco máis de dous meses para o lanzamento da adaptación cinematográfica da saga de carreiras «Need for Speed», a compañía Dreamworks segue a promocionala publicando novos vídeos do filme. Nesta ocasión traémosvos dous vídeos:

No primeiro vídeo podemos ver como o protagonista Jesse Pinkman, perdón, quero dicir Aaron Paul, tivo que mellorar as súas habilidades ao volante para a rodaxe do filme.

Neste segundo vídeo, amósannos o traballo detrás das cámaras do equipo de especialistas encargados de facer realidade as escenas de acción do filme.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 14 de marzo.

Cartel oficial do filme «Need for Speed»

Por: Mércores, 18 de Decembro de 2013, 23:45 COMENTAR

nfs-poster0
Como xa vos informamos anteriormente, a produtora Dreamworks está a traballar na adaptación cinematográfica do videoxogo «Need for Speed».

Con Aaron Paul (máis coñecido polo seu papel como Jesse Pinkman na serie «Breaking Bad») á fronte, levarán á pantalla grande a velocidade e persecucións que deron fama á saga de videoxogos.

Hoxe mesmo publicaron o cartel oficial do filme:
nfs-poster

O lanzamento está previsto para marzo de 2014.

nfs-movie
Como xa vos comentaramos anteriormente, Dreamworks está a traballar na adaptación cinematográfica de «Need for Speed».

Recentemente publicaron outro novo tráiler para ir promocionando o filme de cara o seu lanzamento o vindeiro marzo de 2014.

need-for-speed-rivals
A menos dun mes para o seu lanzamento, chéganos este novo vídeo onde nos amosan a rivalidade entre corredores e policías, que será o eixo central do xogo.

Creado polo estudo sueco Ghost Games, promete capturar “a adrenalina e intensidade da rivalidade na rúa entre pilotos e policía, nun abraiante entorno aberto.”

O lanzamento está previsto par o vindeiro 19 de novembro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

As pobres vendas da entrega anterior, o Need for Speed: Most Wanted en PSVita e Wii U e a incompatibilidade desta última co motor gráfico Frostbite 3, son os principais motivos da ausencia nestas dúas plataformas da nova entrega da saga.

Por outra banda, Electronic Arts anunciou recentemente que chegou a un acordo de colaboración como asesor consultivo co piloto Ken Block (@kblock43), coñecido máis polos seus vídeos de exhibición que polos seus éxitos deportivos.

need-for-speed-rivals
Electronic Arts publicou un novo tráiler do «Need for Speed Rivals» onde podemos ver os diferentes modos de xogo cos que contaremos.

“Non hai salas de espera, todo é perfecto. Ti e mailos teus amigos poderedes compartir o mesmo xogo, a mesma carreira e a mesma persecución. Os camiños crúzanse e as experiencias únense: imaxina a túa carreira e a persecución do teu amigo xuntándose, creando un mundo onde ningún evento será igual a outro.”

“Non queres xogar con outros? Entón simplemente escolle percorrer o condado de Redview pola túa conta e superar á IA en carreiras e persecucións policiais.”

O lanzamento está previsto para o vindeiro 19 de novembro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, mentres que as versións para Xbox One e PlayStation 4 chegarán o 22 e 29 de novembro, respectivamente.

need-for-speed-rivals
Neste novo vídeo da nova entrega da saga, Need for Speed: Rivals, creado polo estudo sueco Ghost Games, podemos ver os desafíos que terá que superar o xogador nas carreiras ilegais e persecucións para conseguir as melloras para o seu coche.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 22 de novembro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

nfs-movie
Dreamworks está a traballar nunha adaptación cinematográfica da popular saga de carreiras «Need for Speed».

A película contará coas características que fixeron coñecida á saga: superdeportivos, persecuicións policiais e explosións.

Aos mandos do proxecto está o director Scott Waugh. En canto ao reparto, estará protagonizada polos coñecidos actores Aaron Paul (co-protagonista da exitosa serie Breaking Bad), Michael Keaton e Dominic Cooper.

Está previsto que o filme chegue ás salas en marzo de 2014.

Pola súa banda, Sony tamén está a traballar na adaptación á gran pantalla do seu simulador de carreiras Gran Turismo, pero aínda non hai datas confirmadas.

ea-gamescom-2013
As principais novidades que Electronic Arts presentou na conferencia de onte na GamesCom 2013:

«FIFA 14»

Ademáis do xa visto na conferencia de Microsoft, anunciaron o lanzamento dunha versión de proba o vindeiro 10 de setembro e presentaron este novo tráiler:

«Command & Conquer»

Escoitando as demandas dos usuarios, EA e Victory Games anunciaron o lanzamento de novas misións para este novo lanzamento da saga, que poderemos xogar pola nosa conta ou de modo cooperativo cun amigo.

«The Sims 4»

O máis coñecido simulador social terá a súa cuarta entrega en 2014 e incluirá novas emocións e interaccións sociais, ferramentas para construir a casa dos nosos soños e obxectos cos que decoralas, tal como se pode ver no segundo tráiler.

«Dragon Age Inquisition»

Neste novo tráiler, os creadores da compañía Bioware fálannos do proceso de creación do novo universo que poderemos ver en «Dragon Age Inquisition» e as posibilidades de xogo que nos ofrecerá.

«Battlefield 4»

DICE presentou o novo modo de xogo “Obliteration” no tamén novo mapa “Paracel Storm”, modo no que poderán xogar ata 64 usuarios en dous equipos.

Tamén presentaron o «Battlefield 4 Premium» que permitirá o acceso aos 5 packs de expansión antes do seu lanzamento, previsto para o verán de 2014.

«Need for Speed Rivals»

Nun novo tráiler do Need for Speed Rivals amosaron o novo modo Undercover, onde nos infiltraremos nas carreiras ilegais para deter aos seus corredores sen ser detectado.

«Titanfall»

Novo vídeo do modo multixogador Attrition no mapa Angel City deste título co que a compañía Respawn Entertainment debuta na industria por todo o alto.

«Plants vs. Zombies Garden Warfare»

A maiores do presentado na conferencia de Microsoft, na conferencia de Electronic Arts presentaron o novo “Boss Mode” (Modo Xefe), exclusivo para Xbox One e SmartGlass, no que, a través dun dispositivo compatible con esta tecnoloxía, os xogadores poderán ver mapas tácticos do escenario, mentres controlan as unidades nunha vista en terceira persoa.


Se queredes ver de novo a conferencia completa, aquí a tedes:

NFS-Most-Wanted-Banner
Electronic Arts ven de publicar un novo tráiler dos tres paquetes de descarga para o Need For Speed: Most Wanted, que inclúen o paquete Terminal Velocity cun novo escenario no medio dun aeroporto, 5 novos coches e novos modos de xogo, como o “Drift Attack”, o paquete Movie Legends, con 5 coches lexendarios de películas de acción:

e o paquete Need For Speed Heroes, que inclúe 5 coches icónicos da saga, como o BMW M3 GTR, o Nissan Skyline GT-R ou o Nissan 350Z.

Estes paquetes de descarga xa están dispoñibles para as versións de Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que para a versión de PC, estarán dispoñibles a partir do vindeiro 12 de marzo.

Gameplay de Need for Speed: Most Wanted

Por: Martes, 28 de Agosto de 2012, 19:49 COMENTAR

Xa vimos diferentes tráilers con gameplay sobre a próxima entrega de Need for Speed e cada vez nótase máis de quén é o xogo, dos grandísimos Criterion.

Así, aumentan a velocidade e o que é mellor, a súa sensación, que por momentos recorda a Bornout.

Son máis partidario de que Criterion continuase coa saga Bornout e NFS volvese aos inicios centrándose na modificación dos coches e no realismo, mais xa que isto non vai acontecer, confórmome.

O anterior Need for Speed foi todo un xogazo que tivo unha excelente acollida por todos os fans (se é que Criterion nunca defrauda nos temas de condución), e con este The Run pretenden que a saga Need for Speed volva estar en boca de todos.

Persoalmente dubido que chegue á calidade do anterior (será porque non está nas mans dos creadores de Bornout), pero para saír de dúbidas poderemos probar a Demo o próximo 18 de outubro.

Esta demostración contará con 2 coches e 2 localizacións que nos permitirá ver a suposta calidade de The Run, pero carreiras a pé, QTE…tempo ao tempo.

http://www.youtube.com/watch?v=d7iZrrmLzXA&feature=player_embedded