need-for-speed-rivals
A menos dun mes para o seu lanzamento, chéganos este novo vídeo onde nos amosan a rivalidade entre corredores e policías, que será o eixo central do xogo.

Creado polo estudo sueco Ghost Games, promete capturar “a adrenalina e intensidade da rivalidade na rúa entre pilotos e policía, nun abraiante entorno aberto.”

O lanzamento está previsto par o vindeiro 19 de novembro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

As pobres vendas da entrega anterior, o Need for Speed: Most Wanted en PSVita e Wii U e a incompatibilidade desta última co motor gráfico Frostbite 3, son os principais motivos da ausencia nestas dúas plataformas da nova entrega da saga.

Por outra banda, Electronic Arts anunciou recentemente que chegou a un acordo de colaboración como asesor consultivo co piloto Ken Block (@kblock43), coñecido máis polos seus vídeos de exhibición que polos seus éxitos deportivos.

need-for-speed-rivals
Electronic Arts publicou un novo tráiler do «Need for Speed Rivals» onde podemos ver os diferentes modos de xogo cos que contaremos.

“Non hai salas de espera, todo é perfecto. Ti e mailos teus amigos poderedes compartir o mesmo xogo, a mesma carreira e a mesma persecución. Os camiños crúzanse e as experiencias únense: imaxina a túa carreira e a persecución do teu amigo xuntándose, creando un mundo onde ningún evento será igual a outro.”

“Non queres xogar con outros? Entón simplemente escolle percorrer o condado de Redview pola túa conta e superar á IA en carreiras e persecucións policiais.”

O lanzamento está previsto para o vindeiro 19 de novembro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, mentres que as versións para Xbox One e PlayStation 4 chegarán o 22 e 29 de novembro, respectivamente.

need-for-speed-rivals
Neste novo vídeo da nova entrega da saga, Need for Speed: Rivals, creado polo estudo sueco Ghost Games, podemos ver os desafíos que terá que superar o xogador nas carreiras ilegais e persecucións para conseguir as melloras para o seu coche.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 22 de novembro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

ea-gamescom-2013
As principais novidades que Electronic Arts presentou na conferencia de onte na GamesCom 2013:

«FIFA 14»

Ademáis do xa visto na conferencia de Microsoft, anunciaron o lanzamento dunha versión de proba o vindeiro 10 de setembro e presentaron este novo tráiler:

«Command & Conquer»

Escoitando as demandas dos usuarios, EA e Victory Games anunciaron o lanzamento de novas misións para este novo lanzamento da saga, que poderemos xogar pola nosa conta ou de modo cooperativo cun amigo.

«The Sims 4»

O máis coñecido simulador social terá a súa cuarta entrega en 2014 e incluirá novas emocións e interaccións sociais, ferramentas para construir a casa dos nosos soños e obxectos cos que decoralas, tal como se pode ver no segundo tráiler.

«Dragon Age Inquisition»

Neste novo tráiler, os creadores da compañía Bioware fálannos do proceso de creación do novo universo que poderemos ver en «Dragon Age Inquisition» e as posibilidades de xogo que nos ofrecerá.

«Battlefield 4»

DICE presentou o novo modo de xogo “Obliteration” no tamén novo mapa “Paracel Storm”, modo no que poderán xogar ata 64 usuarios en dous equipos.

Tamén presentaron o «Battlefield 4 Premium» que permitirá o acceso aos 5 packs de expansión antes do seu lanzamento, previsto para o verán de 2014.

«Need for Speed Rivals»

Nun novo tráiler do Need for Speed Rivals amosaron o novo modo Undercover, onde nos infiltraremos nas carreiras ilegais para deter aos seus corredores sen ser detectado.

«Titanfall»

Novo vídeo do modo multixogador Attrition no mapa Angel City deste título co que a compañía Respawn Entertainment debuta na industria por todo o alto.

«Plants vs. Zombies Garden Warfare»

A maiores do presentado na conferencia de Microsoft, na conferencia de Electronic Arts presentaron o novo “Boss Mode” (Modo Xefe), exclusivo para Xbox One e SmartGlass, no que, a través dun dispositivo compatible con esta tecnoloxía, os xogadores poderán ver mapas tácticos do escenario, mentres controlan as unidades nunha vista en terceira persoa.


Se queredes ver de novo a conferencia completa, aquí a tedes: