Así é, o novo NBA 2k14 da Xbox One escoita o son ambiente a través do Kinect e se soltas un fuck… pítanche unha falta por linguaxe obscena!

Vía | Microsiervos

NBA_LIVE14

Hai anos, ademais da batalla entre os partidarios do FIFA e os do Pro, había outro enfrontamento, aínda que cuantitativamente menor nestes lares, que dividía aos usuarios: escoller entre os xogos da saga NBA Live (os de sempre) ou os “recén chegados” de NBA 2k.

Dito dilema resolveuse unilateralmente cando EA Sports, a compañía creadora de moitas outras sagas deportivas de éxito, decidíu renomear a edición que vería a luz a finais de 2010 coma NBA Elite 11, pondo fin así a unha marca iniciada no ano 94 co NBA Live 95. Mais ese cambio xa era debido a un para eles necesario cambio de estratexia, xa que unha saga posterior á súa, os NBA 2k creados primeiramente para Dreamcast no ano 99, víñalle gañando a partida nos últimos anos, tanto en calidade coma en vendas.

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Ao pouco os directivos de EA Sports deberon decatarse de que a batalla estaba máis que perdida, e o novo proxecto NBA Elite 11 foi cancelado mentres se agardaban que sopraran mellores ventos, propiciados pensarían, por unha caída da calidade dos NBA 2k ao carecer de competencia. Mais foi todo o contrario, 2k Sports non se acomodou e foi mellorando o seu xogo edición tras edición, proporcionandonos nos últimos anos o que para moitos é a mellor experiencia de xogo deportivo para consolas. As versións 12 e 13 do NBA Elite/Live previstas por EA Sports tampouco chegaron a ver a luz, sendo canceladas en distintos momentos do seu desenvolvemento.nba-2k14-next-gen-graphics-xbox-one-playstation-4-hd-preview

E é agora, coa chegada da nova xeración, cando EA Sports ve a oportunidade de relanzar o seu proxecto. Na mesma data de saída das novas Xbox One e PS4 os seareiros do basket teremos de novo varias opcións entre as que escoller: a espectacularidade, os equipos de Euroleague e o apadriñamento de Lebron James do NBA 2k14 e esta renacida proposta do NBA Live 14, recuperando a denominación orixinal, que vemos neste trailer:

 

Aínda é cedo para posicionarse, pero a primeira impresión é que a loita ten toda a pinta de voltar a ser desigual.

O NBA2k14, do que amosamos nesta nosa web a portada e a novidade de poder escoller equipos de Euroleague, amosase agora neste vídeo en todo o seu esplendor, no que será a súa versión para PS4

Podedes comparar neste outro video as diferencias coa versión actual de Xbox360 e PS3

Polo menos neste caso, o salto xeracional semella xustificado.

NBA2k14 terá equipos europeos

Por: Sábado, 6 de Xullo de 2013, 13:19 COMENTAR

NBA-2K14-portada-LeBron-James

A exitosa franquicia de 2K Sports adicada ao baloncesto, NBA2k, da que anunciamos a súa portada recentemente, contará por vez primeira coa opción de xogar con equipos da Euroleague. Logo de que o ano pasado se fixera un guiño aos xogadores non norteamericanos incluindo de comentaristas do xogo a habituais das retransmisións polas que aquí podemos seguir a NBA, coma Antoni Daimiel, este ano van un pouco máis aló, e logo do pertinente acordo de licencias, poderemos optar a xogar con equipos da Liga Endesa (antes ACB) coma o F.C. Barcelona, o Real Madrid, Unicaja de Málaga ou Laboral Kutxa de Vitoria.

Ler o resto da entrada »

Cando aínda non remataron as series finais da NBA, 2K sports xa adianta quen será a portada da vindeira edición do xogo deportivo máis premiado, o NBA2K, e faino apostando sobre seguro, escollendo ao que ten case que todas as papeletas para facerse co seu segundo anel (co permiso de Tony Parker e os seus Spurs), a megaestrela da NBA e actual MVP da liga regular, Lebron James.

NBA-2K14-portada-LeBron-James

Portada do NBA2k14 de 2K Sports

Volve así a saga a darlle protagonismo absoluto na portada a un so xogador actual, cousa que non acontecía desde a aparición de Kobe Bryant na edición de 2010. Xa que en 2011 recurriron a Michael Jordan, en 2012 ensaiaron con distintas portadas de xogadores clásicos e na edición de 2013 amosaron en portada á tripleta formada por Kevin Durant, Blake Griffin e Derrick Rose (na versión que se comercializou nestes lares substituíuse a Durant por Marc Gasol)

A compañía aproveitou a atención suscitada polo final de temporada para publicar nun curioso anuncio a colaboración do #6 dos Miami Heat:

 

Tamén no E3 de Los Angeles se viu un breve adianto de como lucirá o xogo na nova xeración de consolas, mais deixandolle todo o protagonismo, e por partida dobre, a “The King” James:

 

O xogo estará dispoñible a partir do vindeiro 4 de outubro para Xbox 360 e PS3, e coas súas saídas á venda para as novas Xbox One e PS4, sendo a notable a ausencia dunha versión para Nintendo Wii U.

No último trimestre poderemos logo comprobar se 2K Sports seguen a ser os reis do baloncesto virtual, ou ceden ventaxa hacia os seus competidores, xa que cómpre lembrar que, desta vez semella que si, EA Sports recuperará a súa franquicia NBA Live logo de tres anos consecutivos adíando o proxecto ao non conseguiren un producto de suficiente calidade.

National Pokémon Association

Por: Xoves, 25 de Abril de 2013, 9:00 COMENTAR

npalogo

A liga na que todo mestre pokémon quere xogar.

Vía | TeeCraze.com