TheLastofUsPoster

Hai xogos que non podo desfrutar axeitadamente con prexuízos, que son incapaces de vencelos e confirman cada un deles. Mais hai outros, (xogos moi especiais), que teñen o potencial para sobrepoñerse ao escepticismo, de sacudilo até que se renda.

Ese é o caso de The Last of Us.
Ler o resto da entrada »

last-of-us

Penso que Naughty Dog xa se consagrou para a posteridade como desenvolvedora de videoxogos, abonda xirar a cabeza e ver o enorme número de xogos de calidade que ten ás súas costas.

Dentro dun mes chegará ás tendas a súa próxima obra, The Last of Us que promete repetir calidade e éxito. Un dos seus principais artistas, Nate Wells falou sobre este título, concretamente sobre os seu multixogador.

E de verdade, non podo prepararvos para o mellor multixogador xamais creado.

Así de contundente foron as súas palabras. Serán certas? será estratexia de márketing? Nun mesiño sairemos de dúbidas.

Que grandes son os de Naugthy Dog, e non só por crear a Crash, despois a totalmente imprescindíbel triloxía Jak & Daxter e finalmente o espectacular Uncharted, senón porque estou convencido que na próxima xeración de consolas volverán desmarcarse do resto de compañías con outra das súas creacións.

Pero cómo será?, pois polo de agora que cada un soñe co que máis lle interese pero só vou dicir que Naughty Dog demanda nunha oferta de traballo a un creador de personaxe, a un experto capz de “esculpir modelos de un millón de polígonos”

Agora fagamos unha breve comparación, se os personaxes de Uncharted 2 tiñan uns 30.000 polígonos, cómo serán con un millón?

Se isto é verdade o salto entre unha xeración e outra paréceme máis que substancial, e se continuamos divagando así tamén podemos pensar que todos os demáis aspectos tamén subirán tanto de nivel.

Sabemos que a tecnoloxía evoluciona a enormes pasos, pero non sei eu se fiarme moito, non, antes de dicir nada voume manter á marxe, esperando…