Ace-Combat-Infinity
A compañía Namco Bandai ven de anunciar que a versión beta de «Ace Combat Infinity» estará dispoñible dende o vindeiro 4 de febreiro ata o día 11 de febreiro a través da PlayStation Store.

Este novo simulador de combate aéreo sairá en exclusiva para a PlayStation 3.

Aínda non hai data confirmada de lanzamento, pero agárdase que chegue durante este ano 2014.

ridge-racer-slipstream
Tal como anunciou Namco Bandai, unha nova entrega de Ridge Racer chegará este mesmo mes de decembro ao dispositivos iOS e Android.

Cun novo motor gráfico deseñado específicamente para plataformas móbiles, incluirá un total de 10 circuítos (20 en total ao poder correlos nos dous sentidos), 12 coches totalmente personalizables, modo arcade e carreira con máis de 100 eventos diferentes.

No momento do lanzamento non contará cun modo multixogador, pero prometen incluílo nunha próxima actualización, ademáis doutros “contidos adicionais”.

witcher3
A compañía Namco Bandai será a encargada da distribución no continente europeo do novo RPG «The Witcher 3: Wild Hunt», segundo confirmou a propia compañía.

Adam Badowski, do estudo CD Projekt RED, comentou:

“Xa traballamos con Namco Bandai anteriormente, polo que os nosos socios xa coñecen The Witcher e os ideais que temos como estudio.”

“Estamos convencidos de que entenden a nosa visión do xogo e que farán un gran traballo para que os usuarios coñezan como o mundo aberto e a gran historia do xogo farán cambiar o panorama dos RPG na vindeira xeración.”

«The Witcher 3: Wild Hunt» foi anunciado o pasado febreiro e empregarán o novo motor gráfico do estudo, o RedEngine 3. Estará dispoñible para PC, PlayStation 4 e Xbox One. Segundo o propio estudo, o mundo de The Witcher 3 será trinta veces máis grande que o do seu predecesor.

1001528_574138609296142_1875514491_n

Tralo quinto título, a saga Soul Calibur deu un baixón en calidade que os fans non souberon encaixar de boa fe, sen embargo, a segunda saga insignia de loita de Namco-Bandai non quere deixar o listón polo chan e hoxe anunciouse que uns dos xogos máis importantes e queridos da franquicia retornará a nosas consolas en formato de alta definición e coa novidade de poder loitar online con todo o mundo.

Trátase de Soul Calibur II, un xogo que fixo historia e batiu récords de venda alá polo 2003.

Collendo como base a versión de Playstation 2, o xogo presentará como principais novidades un lavado de cara en HD, logros/trofeos e a opción de botar combates online, elemento inédito no programa orixinal.

Katsuhiro Harada, o principal director e productor de Tekken e Soul Calibur, aproveitou o anuncio para dar a coñecer que este será o seu derradeiro xogo, deixando no debandito lugar ó seu compañeiro Massaki Hosino.

Rexistrado o nome de Tekken: Arena

Por: Luns, 15 de Abril de 2013, 17:36 COMENTAR

tekken_card_tournament-2237205

Namco Bandai acaba de rexistrar unha nova marca baixo o nome de Tekken: Arena que ben podería ser un novo título de loita, mais a compañía aínda non afirmou absolutamente nada.