Antes da saída de Rocksmith, Ubisoft quere asegurarse de que todo o mundo coñeza de que vai o seu próximo videoxogo musical, polo tanto, o seu director creativo fainos unha serie de explicacións falándonos das novidades principais de Rocksmith, do seu desenvolvemento, da súa dificultade progresiva…

Como amante dos Guitar Hero (sobre todo a terceira entrega) teño curiosidade de como se controlará unha guitarra de verdade nun videoxogo.

Teremos que esperar unhas semanas para probalo e comprobar a súa dificultade e diversión.

O musical de Pac-man

Por: Mércores, 5 de Outubro de 2011, 13:44 COMENTAR

Unha pouca plastilina, algo de imaxinación e unha música bastante pegadiza son os elemtos suficientes para crear o musical perfecto para a bola amarela máis famosa dos videoxogos (porque a bola de Samus é laranxa, nin é tan famosa).

En fin, é un vídeo curioso, ten rítmo e toca o tema dos videoxogos, polo consecuente non pode faltar en Memoria Pixelada.

Pois si, o próximo proxecto da SEGA será un título para a 3DS . O seu nome completo será (ponde atención), Rhitmic Phantom Thief R: Inheritance of the Emperor Napoleon, que traducido sería algo como O ladrón fantasma rítmico R: A herdanza do imperador Napoleón. Trátase dunha aventura musical en que encarnaremos un ladrón e axudarémoslle a roubar certos artículos de valor.

Como se desenvolverá a aventura? Deberemos premer os botóns da 3DS no momento adecuado (mesmo empregar o sensor xiroscópico).

Parece ser que a compañía xa conta co apoio de varios compositores de videoxogos, polo que a selección musical pode ser todo un acerto.

Á parte aseguran que o título xa se encontra a 50%, de modo que esperamos ter novas deste videoxogo relativamente cedo.

Eu xa estou a agardar un gameplay para ver concretamente como se desenvolverá, e con que sexa a metade de divertido que o Elite Beat Agents, xa me conformo.

Os xogos musicais futuristas

Por: Domingo, 29 de Agosto de 2010, 18:41 COMENTAR

Non fai falta facer ningunha introdución para ver o seguinte vídeo, simplemente estiven a falar cun compañeiro que viaxou ao futuro, e cando lle mencioneinei como eran os Guitar Hero , Rock Band e similares amosoume isto:

Polo menos estos instrumentos non fallarán?, ou que Activision?